Unha batería imita o ciclo de vida das plantas para xerar enerxía eléctrica

Investigadores do CSIC lideran o desenvolvemento do aparello, que pode ser biodegradado ao final da súa vida útil

Unha batería con raíz, talo e follas que, a través do seu sistema de fluídos, é capaz de imitar o ciclo de vida dunha planta e xerar enerxía. Así é a batería biodegradable con forma de flor e baseada en papel que foi creada no Instituto de Microelectrónica de Barcelona (IMB-CNM), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e da que agora se publican resultados na revista Energy & Environmental Science.

A natureza é a fonte de inspiración deste dispositivo, deseñado para responder as necesidades da agricultura de precisión e dun mundo que necesita unha maior produción de alimento que sexa, á súa vez, máis sostible. A batería (bautizada como FlowER Battery, como abreviatura do inglés Evaporation Flow Redox Battery) opera seguindo o principio de transpiración dunha planta e move os reactivos pola súa estrutura microfluídica ata expulsalos por evaporación. A enerxía prodúcese grazas á reacción electroquímica que xeran as especies redox nun par de eléctrodos de carbono porosos.

Publicidade

Un novo paradigma

“Esta batería representa un novo fito na nosa liña de investigación, a cal propón unha novo paradigma de baterías que seguen o ciclo de vida dos dispositivos que alimentan. Neste caso, adaptámola a un fin de vida biodegradable ou compostable, moi adecuado para contornas agrícolas ou forestais”, explica o autor principal Juan Pablo Esquivel, actualmente investigador IKERBASQUE no BCMaterials e no IMB-CNM-CSIC ao comezo do proxecto.

As baterías convencionais actuais empregadas para alimentar dispositivos de agricultura de precisión deben ser retiradas do campo para a súa correcta reciclaxe, pola contra, xeran un grave impacto na contorna.

“A batería está baseada en papel e materiais non tóxicos, polo que non é prexudicial para a natureza”

MARINA NAVARRO, investigadora do IMB-CNM

A FlowER Battery é capaz de producir enerxía suficiente para alimentar sensores inalámbricos comerciais que poidan rexistrar parámetros relacionados coas necesidades do campo, como a luz, a humidade do chan ou a temperatura.

“Durante o desenvolvemento da batería priorizouse a sustentabilidade, para crear unha tecnoloxía disruptiva dentro dos límites ecolóxicos do planeta e capaz de dar solución ás necesidades enerxéticas dos dispositivos electrónicos”, indica Marina Navarro, do IMB-CNM e primeira autora da publicación. “A batería está baseada en papel e materiais non tóxicos, polo que non é prexudicial para a natureza. Ademais, xunto co grupo de compostaxe (GICOM) da Universidade Autónoma de Barcelona avaliamos a súa biodegradabilidade e non toxicidade seguindo os estándares internacionais”, subliña.


Referencia: A plant-like battery: a biodegradable power source ecodesigned for precision agricultura (Publicado en Energy & Environmental Science)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Están a converterse as caídas dixitais na nova normalidade?

O pasado 13 de novembre a autoridade de aviación ordenara deter os despegamentos en EEUU e fallaron os servizos de Microsoft 365. Por Paula Lamo

Dous fungos invasores propáganse con rapidez por Galicia: “Son especies moi agresivas”

O micólogo Jaime Blanco explica a chegada a comezos do século XXI e a expansión nos anos seguintes da 'Clathrus archeri' e a 'Favolaschia claudopus'

Que é o Tesouro de Caldas, a xoia patrimonial galega retirada do museo tras descubrir un plan de roubo

O conxunto, formado por 41 pezas e uns 15 quilos de ouro da Idade do Bronce, é unha das mostras máis importantes da ourivaría prehistórica europea

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria