Avance galego na produción de hidróxeno: o CiQUS consegue catalizadores máis eficientes

O sistema pode marcar un antes e un despois na xeración de enerxías verdes ao contar cun mecanismo de apagado e acendido sen sacrificar rendemento

O hidróxeno verde está a chamado a ser unha das fontes de enerxía do futuro. Pero o seu desenvolvemento aínda ten retos por diante que resolver, como a degradación dos metais que serven de catalizadores durante a electrólise da auga. Un desafío que está máis preto de quedar atrás grazas a un avance con selo galego desenvolvido por un equipo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago (CiQUS).

Os investigadores da institución compostelá deseñaron un novo catalizador formado por diminutas nanopartículas de paladio aloxadas dentro de fibras ocas de carbono. Estas exercen de barreira para evitar que as nanopartículas se agrupen e crezan, o que provoca, cando ocorre, unha perda de eficiencia, ca conseguinte redución da súa vida útil e aumento dos custos no proceso de xeración de hidróxeno.

Publicidade

O novo do sistema ideado no CiQUS está no mecanismo de control reversible. Introduce xofre no sistema para, desta forma, lograr que o catalizador poda cambiar entre un modo activo e un modo de repouso cunha sinxela manipulación eléctrica. En modo activo, o catalizar funciona con grande eficiencia para xerar hidróxeno. En repouso, queda inactivo, impedindo que se degrade.

“Creamos un sistema que permite acender e apagar o catalizador de forma controlada, o que abre a porta a un uso máis eficiente e duradeiro en procesos industriais“, explica María Giménez López, investigadora dun proxecto que conta con financiamento europeo.

Publicidade

Máis vida sen sacrificar rendemento

O traballo feito polo equipo da CiQUS demostra que é posible aumentar a vida útil dos catalizadores sen que isto implique unha perda de rendemento, o que podería marcar un antes e un despois nas tecnoloxías de enerxía limpa, como apunta a investigadora Giménez López.

É que o sistema pódese reverter aplicando un sinal eléctrico que devolve a capacidade de xerar hidróxeno. Con isto, o catalizador alterna entre activado ou en repouso todas as veces que sexa precisa, o que permite tamén facer un uso intelixente do mesmo.


Referencia: Adaptive Catalytic Nanointerfaces for Controlled Hydrogen Evolution: an in Situ Electrochemical Approach (Publicado en Wiley Advance).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Elefantes, escaravellos e osos polares: estas son as mellores fotografías da natureza do ano

O Museo de Historia Natural de Londres escolle as imaxes máis destacadas do concurso Fotógrafo de Vida Silvestre, que premia composición, innovación e interpretación

Que é e que prognóstico ten o adenocarcinoma, o tumor detectado no pulmón do Papa León XIV

Trátase dun dos cancros máis comúns, orixínase nas células glandulares e presenta unha maior supervivencia ca outras neoplasias pulmonares

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior