A nova delegada do CSIC en Galicia: “O buque oceanográfico do IEO é a aposta deste ano”

A experta en bioquímica dos alimentos Carmen González Sotelo convírtese na nova responsable da institución no país

Este semana produciuse o relevo á fronte da Delegación Institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia: Carmen González Sotelo, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) substitúe a Javier Rey Campos, da Misión Biolóxica de Galicia (MBG).

A nova delegada institucional exercerá, no ámbito territorial da comunidade autónoma, funcións de coordinación e representación ante outras institucións públicas e privadas e ante outros axentes de I+D+i con presenza no territorio, de dirección e xestión e de apoio á actividade de investigación, transferencia do coñecemento e a innovación, formación, difusión e promoción da cultura científica. Entrevistámola para coñecer os retos que afronta nesta nova etapa do CSIC en Galicia.

Publicidade

—O primeiro que quero preguntarlle é se está ilusionada con esta nova responsabilidade?

—Cando me chamaron para ofrecerme este posto, tiveron en conta a miña experiencia en xestión. Fun vicedirectora e directora do Instituto de Investigacións Mariñas e teño participado na Comisión de Área do CSIC. Dalgún xeito, esa experiencia sérveche para poder ter este tipo de cargo agora. Para min é un reto e si que estou ilusionada. Cando fun directora costoume moito tempo dar o paso, pero dino e, ao final, o balance a nivel persoal foi moi positivo. E de feito, funme por motivos persoais.

Publicidade

—Que espera aportar nesta nova etapa da delegación galega do CSIC?

—O que agardo aportar é a miña experiencia en xestión. Dalgunha maneira, saber dialogar e chegar a acordos con xente de diversos tipos de pensamento. Ser unha persoa calmada con capacidade de escoitar e dialogar. Quero contribuír a que todos os proxectos interesantes que están en marcha cheguen a un bo lugar. E, por outro lado, ver que outras posibilidades e novos proxectos se poden abrir. Iso vai depender tamén da presidencia do CSIC. Aquí temos que estar un pouco supeditados ás decisións estratéxicas que se toman no conxunto da institución e como encaixamos nós, Galicia, nesa decisión. Eu creo que están apostando forte polos centros galegos e, de feito, dende a presidencia hai un compromiso para que haxa unha nova sede para o IIM na ETEA de Vigo. O Instituto de CIencias do Patrimonio ten xa unha nova sede. Vaise facer a Casa da Ciencia en Compostela. Hai varias iniciativas que indican que o CSIC está a apostar por Galicia. Ademais, melloramos grazas á incorporación dos dous centros do Instituto Español de Oceanografía. Isto reforza a nosa capacidade de invo ámbito da xestión pesqueira.

—Con máis de trinta anos de experiencia traballando no IIM, hai espazo para que as investigadoras sigan a súa liña mentres ocupan este tipo de cargos?

—Cando facemos xestión, a capacidade de investigación disminúe. Eu fixen xestión pero sempre tiven proxectos. Pódese.

—Cales cre que son as dificultades ás que se terá que enfrontar no curto prazo?

—Para min, que se demoren moito as iniciativas que están en marcha, como a sede da ETEA, o convenio que temos que renovar coa Consellería de Economía e con Cultura para o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento… Cuestións burocráticas que poden supor retrasos á hora de recibir fondos.

—Vese a luz por fin no traslado á ETEA?

—Polo que eu sei, moita luz non se ve (ri). Un dos últimos proxectos que tiña un coste de 33 millóns de euros, reduciu o seu orzamento á metade. Entón, supoñemos que isto é o comezo e que poderemos chegar a velo. Este edificio [o do IIM] ten xa case 50 anos e, aínda que se fixeron reformas, adolece de moitos defectos estruturais moi importantes. Entón, si que creo que necesitamos unha nova sede. Empezar coa metade do orzamento é un pequeno problema.

—Que novas oportunidades e proxectos agarda este ano?

—Non podo adiantar ningún porque acabo de chegar ao cargo (ri). Unha das cousas máis importantes é o novo barco oceanográfico que se está a construir para o IEO que este ano avanzará bastante. Tamén a participación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento na celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos. Polo de agora, temos isto sobre a mesa, pero dentro dun mes haberá máis cousas seguro.

—Que lle pareceu que, no reparto das sedes permanentes do IEO, Vigo quedase sen ningunha?

—Non coñezo todos os detalles, pero creo que non o vemos así. A prensa creo que modificou un pouco o tema. O IEO, como o CSIC, é un organismo estatal con varias áreas. Nós, por exemplo, temos varias áreas científico-técnicas e todas dependen de Madrid. Neste instituto, por exemplo, está a coordinadora xeral da área de Vida. Non quere dicir que a área se movera a Vigo, senón que esa persoa está traballando aquí. E o mesmo pasa co IEO. Non lle dou maior importancia.

—Pola súa traxectoria vinculada ao IIM, nesta etapa do CSIC en Galicia pesarán máis as ciencias mariñas que o resto?

—Eu diría que non. Neste cargo, eu teño a obriga de representar a tódolos institutos que hai en Galicia. Vou entender mellor aos de ciencias mariñas que aos de historia, pero vou facer todo o posible para que o meu coñecemento en todas esas áreas se fortaleza. É un reto e tratarei de defender tódolos insitutos do CSIC en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé