A galega Biofabri logra resultados prometedores cunha nova terapia contra o cancro de vexiga

O ensaio clínico realizado en 15 centros españois demostrou que a cepa empregada no tratamento foi "segura e ben tolerada" e presentou "alta eficacia"

A compañía farmacéutica Biofabri, con sede no Porriño e parte do grupo Zendal, vén de anunciar resultados preliminares prometedores cunha nova terapia inmunolóxica contra o cancro de vexiga baseada na bacteria empregada na vacina contra a tuberculose. O ensaio clínico ENCORE-01 realizouse en 15 centros de España para avaliar a seguridade e eficacia do tratamento en pacientes de entre 18 e 85 anos cun tipo de cancro de vexiga agresivo. O estudo, que se realizou en colaboración coa Fundación para a Investigación en Uroloxía (FIU), consistiu na administración da terapia seis veces á semana, xunto a un mantemento de tres instilacións aos tres, seis e 12 meses.

Efectos secundarios e calidade de vida

A terapia ensaiada por Biofabri baséase na cepa BCG Moreau RJ e os resultados do estudo indican que a súa aplicación mellora a progresión a 12 e 14 meses, e que a taxa de recidiva a 12 e 24 meses non é superior á observada noutros grupos. De feito, en moitos casos é inferior á previamente publicada. En canto aos efectos secundarios do tratamento, non se atoparon diferenzas relevantes en frecuencia ou gravidade en relación a outras terapias, e incluso se detectou unha tendencia á baixa. “A calidade de vida mantívose estable durante o tratamento e seguimento”, sinalan dende Biofabri.

Publicidade

Dende a compañía biofarmacéutica sinalan que esta cepa presentou “alta eficacia” no ensaio e demostrou ser “segura e ben tolerada”, o que favoreceu a adherencia ao tratamento. De feito, esperan iniciar os pasos para a solicitude de rexistro deste candidato antes do final de ano.

O ensaio clínco, desenvolvido en 15 centros de varias comunidades autónomas, arrincou co seu primeiro paciente en maio de 2019. A cepa empregada foi desenvolvida por Biofabri para este estudo, e a súa utilización basesouse na “ampla experiencia” de tratamentos deste tipo contra o cancro de vexiga en Brasil, onde xa se leva empregando esta BCG Moreau RJ máis de 20 anos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A vacina ‘galega’ que pode erradicar a tuberculose: “Todas as probas convidan ao optimismo”

Esteban Rodríguez, CEO de Biofabri, razoa a confianza no ensaio definitivo da MTBVAC, cuxa produción principal se realizará no Porriño

A galega Zendal inicia un ensaio en pacientes para avaliar a súa vacina contra a tuberculose

O principal obxectivo é analizar a seguridade e eficacia do tratamento para previr a enfermidade activa en adolescentes e adultos

Os tumores de vexiga redúcense nun 90 % co uso de nanorobots

A investigación liderada por un equipo español proba que as nanomáquinas actúan directamente sobre o quiste mellorando a eficacia terapéutica

A vacina contra a tuberculose que se ensaia en Galicia recibe apoio financeiro para probarse en África

Un estudo avaliará a seguridade e a eficacia do tratamento, que ten potencial para xerar unha mellor resposta inmune que a terapia actual