21 frases de Concepción Arenal que son imprescindibles

Cúmprense 200 anos do nacemento da xenial xurista, escritora, activista dos dereitos humanos e pioneira do feminismo o 31 de xaneiro de 1820

Concepción Arenal naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820.

Concepción Arenal naceu fai agora 200 anos, o 31 de xaneiro de 1820. A xenial xurista, escritora, activista polos dereitos humanos e pioneira do feminismo deixou frases para a historia. Aquí vai unha escolma do seu pensamento.

  • “Ás veces cremos de moi boa fe que fomos bos e xenerosos cando non fomos máis que xustos”.

  • “Abride escolas e pecharedes cárceres” (Aínda que esta é a forma na que trascendeu a cita, as súas palabras escritas exactas foron: “… e non se verán as escolas pechadas e abertos os cárceres. Abride aquelas, e estas pecharanse por si”, falando da incompetencia das autoridades de educación para manter abertas as escolas.

  • “Cando a culpa é de todos, non é de ninguén”.

  • “Cantos séculos necesita a razón para chegar á xustiza que o corazón comprende instantaneamente”.

  • “O amor é para o neno o que o sol para as flores; non lle abonda co pan: necesita aloumiños para ser bo e forte”.


  • “A dor, cando non se converte en verdugo, é un gran mestre”.

  • “O amor vive máis do que dá que do que recibe.

  • “O home illado séntese débil… e o é».

  • “O home que se levanta non é menos grande que o que non caeu”.

  • “A mellor homenaxe que pode tributarse ás persoas boas é imitalas”.

  • “O tedio é unha enfermidade do entendemento que non acomete senón aos ociosos”.

  • “Hai como unha amarga compracencia en sufrir unha inxustiza, que semella lexitimar o odio”.

  • “Hai un camiño seguro para chegar a todo corazón: é o amor”.

  • “A lei é a conciencia da humanidade”.

  • “A sociedade paga ben caro o abandono no que deixa aos seus fillos, como todos os pais que non educan aos seus”.

  • “As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse”.

  • “Non pode ser bo o que non sabe loitar e resistir”.

  • “Non se perde o tempo que se emprega en procurar facer o ben”.

  • “Odia o delito e compadece ao delincuente”.

  • “Substituír o amor propio polo amor aos demais é cambiar un tirano insufrible por un bo amigo”.

    E rematamos con esta frase que inspira á acción:

“Todas as cousas son imposibles, mentres o parecen”.

200 anos de Concepción Arenal, unha galega universal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.