Xa podes votar a mellor imaxe das Perseidas 2018 con Ceos Galegos

Unha das fotos a concurso. A ermida do monte Faro por Antonio Paz.
Unha das fotos a concurso. A ermida do monte Faro por Antonio Paz.

O proxecto de divulgación cientifica de Ceos Galegos organiza o primeiro concurso de astrofotografía de meteoros das perseidas en Galicia. Aproveitando o tirón popular das “bágoas de San Lourenzo” e tamén a calidade da astrofotografía galega, puxeron en marcha esta iniciativa que se resolverá o vindeiro luns.

O primeiro premio será para a imaxe seleccionada polo xurado composto por Salvador X. Bará e Jorge Mira. Ambos os dous son profesores da Universidade de Santiago de Compostela e veñen de editar o libro “Na procura da noite”, centrado precisamente na astrofotografía.

Publicidade

O premio popular será dado en función dos visitantes da web do concurso, onde se recollen as 8 imaxes excepcionais recibidas, todas moi diferentes entre si, de 6 autores galegos. As votacións pecharanse o domingo 9 de setembro ás 24.00 horas.

www.ceosgalegos.com xurdiu en decembro de 2017 como un proxecto de divulgación científica e astronómica ao través da fotografía. Ata o de agora leva publicadas máis de 100 imaxes cos seus respectivos textos explicativos e didácticos, enviadas por 30 fotógrafos diferentes.

Publicidade

Aquí podes visitar e votar
no concurso de Ceos Galegos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns