A NASA publica un espectacular vídeo de Marte en 360 graos

A NASA divulgou na súa canle oficial de Youtube un vídeo de Marte en 360º. Segundo un comunicado da axencia espacial estadounidense, o vídeo amosa parte da Cordilleira Vera Rubin cos ceos do planeta vermello envoltos en po. O compartimento do robot Curiosity tamén foi alcanzado cunha fina capa de po.

Para ver en 360 graos abonda con pulsar sobre a propia imaxe e ‘navegar’ sobre ela.

Publicidade

En primeiro plano pódese observar o máis recente obxectivo de perforación do Curiosity: “Stoer”, en alusión a unha cidade de Escocia. A axencia especial norteamericana fixera dous intentos anteriores de perforación que resultaron frustrados. Os científicos pretenden estudar a dureza destes minerais, para determinar que fai que ese lugar sexa tan resistente a erosión. Para iso, están previstas dúas perforacións máis para este setembro de 2018.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Nobel de Medicina para Karl Deisseroth, Peter Hegemann e Georg Nagel polos seus achados no campo da optoxenética

O Instituto Karolinska de Estocolmo resalta os achados dos investigadores sobre as canles iónicas activadas por luz e o descubrimento da proteína canalrodopsina