Xoves 5 Decembro 2024

Así foi a viaxe cara á estratosfera da sonda galega Marumasat IV

A Axencia Espacial Escolar Galega difunde o percorrido da cápsula, lanzada o pasado 28 de maio desde Ordes e que tomou terra en Maceda

Xa se fixeran públicas algunhas imaxes a pasada semana, cando se constatou que a Misión Einstein da Axencia Espacial Escolar Galega, a NOSA, demostrou a teoría da relatividade especial do célebre físico. E agora o equipo que fixo posible a Marumasat IV difundiu un vídeo de máis de oito minutos de duración no que se pode ver o percorrido realizado pola sonda o pasado 28 de maio.

Desde o accidentado lanzamento en Ordes ata a aterraxe en Maceda, o vídeo amosa as paisaxes sobre as que voou a Marumasat IV durante tres horas. A case 36 quilómetros de altura, e despois do estourido do globo de helio, comezou o descenso en paracaídas ata a zona onde foi atopada varios días despois.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC e institutos galegos buscan mecenas para dous proxectos de ciencia cidadá

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías impulsa unha campaña de financiamento para investigar sobre a radiación e os raios cósmicos

A Axencia Espacial Escolar Galega celebra o seu cuarto congreso

Os integrantes da NOSA reuníronse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela para presentar os resultados da anterior misión e preparar a seguinte

Así se ve Galicia desde a estratosfera, a 35.000 metros de altura

A Marumasat IV recolleu o pasado 28 de maio varias imaxes panorámicas do noroeste da península Ibérica antes de comezar o seu descenso

A Axencia Espacial Galega ratifica a relatividade especial de Einstein

A Marumasat IV cumpriu con éxito gran parte dos experimentos previstos e acadou o seu récord de altitude, con máis de 35.000 metros