A USC e institutos galegos buscan mecenas para dous proxectos de ciencia cidadá

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías impulsa unha campaña de financiamento para investigar sobre a radiación e os raios cósmicos

A ciencia cidadá, que se nutre das achegas de persoas alleas ao mundo académico e investigador para involucrar á cidadanía en diferentes iniciativas científicas, é unha práctica na que cada vez se involucran máis institucións. Desde o Instituto de Física de Altas Enerxías (IGFAE) de Santiago, a través do IGFAE EduLab, acaba de poñerse en marcha unha campaña de micromecenado para impulsar dous proxectos de ciencia cidadá, en colaboración co alumnado de institutos galegos.

Así, estas dúas iniciativas serán a de enviar un globo á estratosfera cun detector de raios cósmicos e, por outra banda, realizar un mapa da radiación natural recibida por estudantes de secundaria en Galicia. Ata o 31 de marzo e a través da plataforma de micromecenado da USC, Sumo Valor, as persoas físicas ou xurídicas interesadas en facer unha microdoazón de bens (tanxibles ou intanxibles), ou no seu caso de dereitos, dispoñen dun formulario online que deberán cumprimentar para valorar a súa aceptación.

Publicidade

O EduLab é un novo programa co que o IGFAE pretende que os axentes do sistema educativo, persoal investigador do centro e outras partes interesadas, analicen maneiras innovadoras de introducir en todos os niveis do ámbito educativo técnicas, contidos e estruturas de análises propias das ciencias experimentais, en concreto da Física e, máis en particular, nos temas recollidos na axenda científica do instituto.

Investigación sobre radiación natural

Un dos proxectos será “Mapa de doses externas e individuais de radiación natural recibida por alumnos de secundaria en Galicia” (DRAMIES, Doses de radiación ambiental en IES), co que se propón contactar con centros escolares de diferentes zonas de Galicia, que serán invitados a visitar o IGFAE. Na visita gozarán de dúas charlas sobre as actividades do Instituto e sobre a radiactividade natural e o desenvolvemento do proxecto.

Tralas charlas entregaranse dosímetros que os alumnos levarán durante 2 semanas, de cara a que o propio alumno poida analizar os datos da dose total á que estivo exposto. Se estas medidas se acompañan dun rexistro da actividade realizada polos participantes pode realizarse unha análise estatística detallada da dose recibida por cada un deles, discriminando de forma sinxela, por exemplo a dose que están recibindo nas súas aulas, na súa casa, etc.

Raios cósmicos coa NOSA

A outra iniciativa será coordinada polo investigador Cibrán Santamarina, desenvolverase en colaboración coa NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, e levará por nome “Detección de raios cósmicos cun detector instalado nun globo estratosférico”. Esta iniciativa educativa, da que forman parte seis centros públicos de secundaria, leva funcionando dende o curso 2014/2015 e materialízase no envío anual dunha cápsula estratosférica que realiza un voo suborbital. A idea consiste en instalar na cápsula estratosférica que se lanzará na primavera do ano 2020 un detector de partículas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais

O galego Antón Baleato logra unha Starting Grant para entender por que se acelera a expansión do universo

O cosmólogo incorpórase ao IGFAE para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias