Así se ve Galicia desde a estratosfera, a 35.000 metros de altura

A Marumasat IV recolleu o pasado 28 de maio varias imaxes panorámicas do noroeste da península Ibérica antes de comezar o seu descenso

Arredor das 15.50 horas do pasado 28 de maio e a máis de 35.000 metros de altura, quedaban poucos instantes para que o globo de helio da Marumasat IV estourase e comezase o seu descenso controlado por paracaídas, ata que tomou terra no municipio de Maceda. E foi neses momento cando a cámara incorporada na sonda da Axencia Espacial Escolar Galega puido captar, cunha perspectiva abraiante, o perfil do litoral de Galicia e de boa parte do noroeste ibérico.

Nas imaxes é posible distinguir en Galicia a terra firme e o mar con claridade grazas as boas condicións atmosféricas do día do lanzamento. Con todo, vense tamén algunhas nubes na cordilleira cantábrica que impiden albiscar o litoral de Asturias ou Cantabria.

Publicidade

As imaxes recollen, segundo informa a NOSA, a costa de Portugal alén da cidade do Porto, aínda que non se pode ver moito máis ao sur debido á saturación da atmosfera pola evaporación do aire cálido daqueles días.

Máis imaxes de Galicia a 35 quilómetros de altura

Vista da costa norte de Galicia, co Golfo Ártabro, Ferrolterra, Ortegal e A Mariña de Lugo, ata o Cantábrico.
Vista da costa norte de Galicia, co Golfo Ártabro, Ferrolterra, Ortegal e A Mariña de Lugo, ata o Cantábrico.
Norte e noroeste de Galicia, desde a praia de Carnota ata o Occidente asturiano.
Norte e noroeste de Galicia, desde a praia de Carnota ata o Occidente asturiano.
Litoral do noroeste ibérico, desde Porto ata a Costa da Morte.
Litoral do noroeste ibérico, desde Porto ata a Costa da Morte.
As Rías Baixas e a costa portuguesa ata o sur do Porto.
As Rías Baixas e a costa portuguesa ata o sur do Porto.

 

Outro dos detalles reseñables captados pola Marumasat IV desde os 35 quilómetros de altura é o ocaso lunar diurno, así como unha posible imaxe de Venus a carón do Sol. Un extremo pendente de confirmar, xa que tamén podería ser un reflexo.

Publicidade

Imaxes captadas pola Marumasat IV, no que podería ser un reflexo ou ben unha imaxe de Venus a carón do Sol.
Imaxes captadas pola Marumasat IV, no que podería ser un reflexo ou ben unha imaxe de Venus a carón do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro