‘Un viaje por Galicia’ (1929): o primeiro documental do país

O filme fai un percorrido polo país de hai case un século e foi realizado para a Exposición Iberoamericana de Sevilla

Foi a primeira longametraxe documental sobre Galicia realizada antes da Guerra Civil. ‘Un viaje por Galicia‘ foi estreada en 1929 para ser exhibida na Exposición Iberoamericana de Sevilla e rodada polo director Luis Rodríguez Alonso.

As catro deputacións provinciais galegas sufragaron os gastos do filme, que foi encargado polo comisario do Pavillón de Galicia. O feito de que o director fora orixinario de Palencia provocou certa polémica nos medios de comunicación galegos da época, pois se tiña rexeitado un proxecto do realizador José Gil, quen tiña moita experiencia en documentais sobre Galicia, ademais de ter rodado o primeiro filme de ficción: Miss Ledya, rodado na illa da Toxa, onde aparecía como figurante Castelao.

Publicidade

‘Un viaje por Galicia’ permítenos viaxar no tempo á Galicia de hai case un século. O filme foi a primeira cinta que restaurou o Centro Galego de Artes da Imaxe no ano 1991. A música é de Perfecto Feijoo, Aires d’a Terra (1904), o primeiro disco grabado en Galicia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol