Un novo vídeo de Divulgare sobre a polinización

O premiado grupo da Universidade de Vigo presenta un audiovisual sobre os cambios fenotípicos nalgunhas plantas para atraer aos polinizadores

Plantas que se adaptan para favorecer a súa polinización por insectos. É o tema do novo vídeo do premiado grupo ‘Divulgare’ da Universidade de Vigo, que acumula galardóns polos seus audiovisuais de divulgación científica, sempre asociados a estudos publicados en revistas de impacto.

Neste novo vídeo explican a plasticidade fenotípica como resultado de mecanismos presentes en moitos organismos por medio dos cales un mesmo xenotipo pode producir diferentes fenotipos cando se expón a diferentes ambientes. Coas mesmas instrucións xenéticas, os resultados poden ser distintos.

Publicidade

Neste vídeo Divulgare amosa como a plasticidade individual dentro das flores de Moricandia arvensis (Brassicaceae) permite a esta especie modificar o seu nicho de polinización. Durante a primavera, esta planta produce flores lilas grandes, en forma de cruz, que reflicten os raios UV e atraen principalmente abellas grandes de lingua longa.

Con todo, a diferenza da maioría das especies coexistentes, M. arvensis mantén a floración durante o verán seco e caloroso debido á súa plasticidade en trazos vexetativos clave relacionados co metabolismo fotosintético. Os cambios que se producen no verán na temperatura e o fotoperíodo desencadean cambios na expresión xénica e a planta comeza a producir flores brancas pequenas, arredondadas e que absorben os raios UV. Estas “novas flores de verán” son visitadas por un conxunto de polinizadores diferentes aos que visitan esta planta na primavera.

Publicidade

O artigo asociado foi publicado en Nature Communications

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O verán europeo terá ata 42 días máis en 2100 se continúan as emisións

Un estudo internacional no que participa o investigador da UDC Armand Hernández alerta dunha estación cada vez máis longa e intensa

Alerta pola propagación dun xene que converte as bacterias en invencibles fronte aos antibióticos

Un equipo da Universidade Complutense de Madrid lidera un estudo que descobre como o descoñecido npmA2 se expande por hospitais e granxas

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade