Así funciona a vacina Sputnik-V creada en Rusia

O fármaco ruso emprega dous adenovirus que non provocan enfermidades e que transportan instrucións para crear as defensas do noso corpo contra o SARS-CoV-2

A vacina Sputnik V ten demostrado a súa eficacia, non só polos resultados difundidos polo Centro Nacional de Epidemioloxía Gamaleya de Rusia, creadores deste fármaco, senón tamén por un importante estudo independente publicado pola prestixiosa revista médica The Lancet. Por estas razóns, a Unión Europea está a estudar a súa aprobación para a súa distribución.

Tal e como explican desde a Axencia Europea do Medicamento, Sputnik V está formada por dous virus diferentes que pertencen á familia dos adenovirus, Ad26 e Ad5. Estes adenovirus non poden reproducirse no corpo e non causan enfermidades. Ambos se administran por separado en dúas doses: Ad26 úsase na primeira e Ad5 úsase na segunda, para potenciar o efecto da vacina.

Publicidade

Tras isto, a vacina transporta material xenético do SARS-CoV-2 ás células do corpo. As células usarán este xene para producir a proteína Spike ou S. O sistema inmunitario da persoa recoñecerá esta proteína S como estraña e producirá defensas naturais (anticorpos e células T) contra ela.

Se posteriormente a persoa vacinada entra en contacto co SARS-CoV-2, o sistema inmunitario recoñecerá a proteína S no virus e estará preparado para atacalo. Os anticorpos e as células T poden traballar xuntos para matar o virus, previr a súa entrada nas células do corpo e destruír as células infectadas, o que protexería contra a Covid-19.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves