A NASA convídanos a un paseo pola Lúa coa música de Debussy

Esta visualización tenta captar o estado de ánimo da composición máis coñecida de Claude Debussy, Clair de Lune (luz da lúa en francés). A peza publicouse en 1905 como o terceiro dos catro movementos na Suite Bergamasque do compositor e, a diferenza das outras partes desta obra, Clair é tranquila, contemplativa e levemente melancólica, evocando a sensación dun paseo solitario a través dun xardín iluminado polo luar.

Aproveitando a ambientación desta composición musical, as imaxes foron compostas como un documental da natureza, con cortes limpos e unha cámara virtual na súa maioría estacionaria. O espectador segue ao Sol ao longo dun día lunar, vendo os amenceres e logo as postas de sol sobre trazos prominentes na lúa.

Publicidade

O extenso sistema de raios que rodea o cráter Copérnico, por exemplo, revélase debaixo das sombras que se afastan ao amencer e logo deslízase cara á escuridade a medida que chega a noite. A peza musical está interpretada pola National Symphony Orchestra, dirixida polo director Emil de Cou, no Centro Kennedy para as Artes Escénicas en Washington, DC, o 1 e 2 de xuño de 2018, como parte da celebración do 60 aniversario da NASA.

A visualización emprega imaxes da sonda Lunar Reconnaissance Orbiter. O resultado é un vídeo artístico e delicado que nos transporta ao satélite natural da nosa Terra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo

Nin o frigorífico do supermercado está a salvo de ciberataques

Entre as posibles causas están a pobre xestión dos accesos a sistemas ou do 'firmware'. Por Marta Beltrán