O sorprendente vídeo do polbo Dumbo nas profundidades do Pacífico

No fondo das augas do Océano Pacífico, fronte ás costas de California, os científicos mariños tiveron a sorte de captar unha imaxe rara e marabillosa: un polbo Dumbo en acción.

Non é doado ver polbos Dumbo (Grimpoteuthis ); viven moi por baixo da superficie do océano. Por sorte, existen vehículos subacuáticos operados a distancia, como o ROV Hercules, que actualmente explora o monte submarino de Davidson, un volcán extinto no Santuario Nacional Mariño da Baía de Monterey.

Publicidade

As imaxes, tomadas pola cámara de alta resolución amosan detalles extraordinarios do cefalópodo mentres vira e xira. A maioría das especies de polbo Dumbo son moito máis pequenas que esta, que tiña ao redor de 60 centímetros de longo. Polo xeral, chegan a aproximadamente 20-30 centímetros.

A gravación foi realizada a 3,2 quilómetros de profundidade, nunha rexion que se coñece como un oasis, unha especie de xardín de augas fondas repleto de corais e esponxas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cambio climático adiantará ata dous meses a tempada de risco de incendios na península

Unha investigación baseada en IA prevé que as condicións meteorolóxicas favorables á propagación do lume sexan cada vez máis frecuentes

O mundo micolóxico do Val do Ulla: máis de 660 especies e achados de interese científico

Un proxecto impulsado por AMABUL en colaboración coa Deputación da Coruña identifica máis dunha decena de posibles primeiras citas para Galicia e unha para España

O auxe do enoturismo en Galicia: unha tradición milenaria que cada vez atrae máis visitantes

A Ruta do Viño das Rías Baixas e as cinco Denominacións de Orixe do territorio confirman o interese crecente pola identidade vitivinícola galega

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación