O espectacular documental dos cabaliños de mar en Galicia

O Consello Superior de Investigacións Científicas e Inxenia Audiovisual concluíron o documental “SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos”, tras seis meses de labor documental e de gravacións submarinas no litoral de Galicia e noutras zonas xeográficas.  O documental conta co financiamento da Axencia Estatal CSIC e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

“Pretendemos que a difusión do documental sexa o máis ampla posible e dirixida a calquera tipo de público. Para iso, estará dispoñible en varios idiomas e contará con subtítulos e adaptación para discapacitados auditivos. Está previsto que a estrea oficial sexa a finais de novembro en Vigo e pretendemos celebrar diversos actos e coloquios sobre o seu contido, en colaboración con diferentes institucións, así como a súa difusión en canles de televisión”, explica Miquel Planas Oliver, científico do IIM-CSIC e coordinador do proxecto, quen avanza que “un dos nosos obxectivos tamén é presentalo nos principais festivais de cinema submarino do mundo”.

Publicidade

cabaliño 8

O documental SyngDoc é unha iniciativa do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo), a través do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peces. Conta tamén coa participación do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (centro mixto CSIC -Universidade das Illas Baleares), a colaboración de investigadores das Universidades de Santiago de Compostela (Grupo Acuigen) e da Coruña (Grupo BioCost) e de científicos de Eslovenia, quen achegou as imaxes dos fósiles de signátidos máis antigos que se coñecen.

Está patrocinado polo Museo do Mar de Galicia, Fundación Zoo de Barcelona, Getxo Aquarium, Aquagest Xixón e Disetecmar S.L. e colabora a Xunta de Galicia.

Publicidade

“Servirá para que o público xeral coñeza que son os signáticos, as principais curiosidades sobre estas especies tan descoñecidas, a súa vulnerabilidade, derivada das súas características biolóxicas, ecolóxicas e da súa organización social e espacial, e a necesidade de protección”, explica Miquel Planas Oliver, quen incide en que a iniciativa “combina o formato audiovisual, eixo principal da mesma, co virtual, a través de plataformas nas Redes, e co presencial, a través de actos en torno ao vídeo para o público xeral”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da estatua dunha serea á sombra do peregrino: estes son algúns dos lugares máis peculiares de Galicia

O Atlas Obscura é unha ferramenta interactiva en liña que recolle 30 localizacións singulares nas catro provincias galegas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz