O galego Agís-Balboa descobre a relación do estrés pos traumático coa demencia

A maior lonxevidade acarrea un aumento no impacto das doenzas cognitivas.
A maior lonxevidade acarrea un aumento no impacto das doenzas cognitivas.

Na actualidade, o aumento na lonxevidade é patente e, con iso, os problemas asociados á idade, como o deterioro cognitivo. Un novo estudo, publicado este mes en The EMBO Journal e coordinado polo galego Roberto Carlos Agís-Balboa, científico do Centro de Investigación en Saúde Mental (CIBERSAM) , sostén que o estrés pos traumático asóciase cun maior risco de demencia na vellez.

“Os pacientes que sofren trastorno de estrés pos traumático (TEPT) a unha idade temperá teñen un moito maior risco de desenvolver demencia ao envellecer”, sinala Agís. Os expertos empregaron diversos modelos de ratos para avaliar a deterioración da memoria asociado á idade. “Valoramos se a deterioración cognitiva está precedida por un déficit na extinción do medo, unha paradigma ben establecido para analizar os fenotipos tipo TEPT en roedores” engade Agís-Balboa.

Empregaron modelos de ratos e identificaron un xen clave, o Formina 2

Así, identificouse o xene Formina 2, que codifica a proteína sináptica Fmn2 da vía do hipocampo. Os investigadores observaron que os niveis de Fmn2 diminúen en pacientes con TETP e con alzhéimer. “Os pacientes que sofren trastorno de tensión pos traumática a unha idade temperá teñen un moito maior risco de desenvolver demencia ao envellecer”, afirma o experto galego.

“Os ratos novos que carecen de Fmn2 presentan fenotipos tipo TEPT e cambios na plasticidade sináptica, mentres que a consolidación de novos recordos e a potenciación a longo prazo é normal”, explica Agís-Balboa.

Con todo, os ratos mutantes Fmn2 desenvolven unha diminución acelerada da memoria asociada á idade, que se ve acelerada en presenza de factores de risco adicionais para o alzheimer, como a deposición de proteína amiloide.

Os datos presentan, por primeira vez, unha visión mecanicista da relación entre estas doenzas

“Os datos presentados son importantes xa que proporcionan por primeira vez unha visión mecanicista da relación entre as enfermidades neuropsiquiátricas na idade temperá e a demencia asociada á idade, unha área que non foi estudada intensivamente ata o momento”, subliña o científico.

A partir destes resultados, os autores revelan que sería posible desenvolver estratexias terapéuticas para os pacientes con TEPT “e potencialmente outras patoloxías neuropsiquiátricas” que ao mesmo tempo atenuarían o risco de desenvolver alzheimer.

“O noso deseño experimental axudará a desenvolver novos enfoques terapéuticos para enfermidades complexas e proporciona sólidos argumentos para que os nosos sistemas de atención sanitaria fomenten investigacións que exploren a interdependencia entre as enfermidades temperás na vida e a deterioración cognitiva asociada á idade”, conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.