Xoves 18 Xullo 2024

A ‘Historia de Galicia en 10 minutos’, na versión dos escolares de Rubiáns

Os alumnos desenvolven o proxecto 'Sabela coñece Galicia', facendo un traballo sobre o audiovisual

Escolares do CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, desenvolveron este curso como actividade didáctica o proxecto “Sabela coñece Galicia”. E, para iso, os alumnos prepararon a versión galega do vídeo viral ‘Historia de Galicia en 10 minutos‘, que foi un dos máis vistos do ano 2018.

Para facer o novo vídeo, os alumnos do CEIP de Rubiáns pediron os correspondentes permisos a Carki Productionsautores do traballo orixinal. Un vídeo sobre o que houbo tamén controversia histórica, coa discusión sobre algúns aspectos da historia galega. Pero que se converteu en todo un fenómeno en Youtube. Agora este é o resultado en galego.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Denuncian que o poste dun pantalán leva máis dun mes na praia de Carril

Limpiarousa e Noia Limpa advirten que está composto por "materiais contaminantes" e acusan falta de compromiso ás administracións

Só se poderán identificar tres corpos dos 18 que buscaban na foxa de Vilagarcía

Investigadores da USC presentan un informe que resume as actuacións levadas a cabo no cemiterio municipal para achar os restos dos represaliados

O achado de restos de tres persoas mantén a esperanza na exhumación de Vilagarcía

Falta confirmar se a súa identidade se corresponde coa dalgún dos 18 represaliados polos golpistas, pero non se saberá "ata dentro de tres ou catro meses"

Un “evento de gran potencial de expansión”, detrás das limitacións no Milladoiro

A Consellería de Sanidade expón no DOG os datos dos informes de Saúde Pública que levaron a aumentar as medidas en Galicia