Unha Noitevella pasada por auga: ventos de máis de 170 km/h e chuvias por riba dos 100 litros

O ano comezou co paso dunha fronte atlántica que puxo en risco ás catro provincias galegas con inundacións e desbordamentos de ríos

A Noitevella deixou mollada a toda Galicia. Inundacións, desbordamentos e crecidas de ríos e fervenzas, accidentes de tráfico foron algunhas das centos de incidencias que os servizos de emerxencia galegos rexistraron durantes as datas máis sinaladas do Nadal.

O novo ano estreouse con 11 provincias do noroeste peninsular en risco por vento, choivas e ondada polo paso dunha fronte atlántica que afectou sobre todo a Galicia e Asturias, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Galicia foi a máis afectada pola choiva con Lugo, Ourense e Pontevedra en situación de risco importante e A Coruña con aviso amarelo.

Publicidade

De feito, diversos lugares roldaron e superaron mesmo os 100 l/m2. É o caso dos municipios pontevedreses de Tui, que xa xhegaron aos 114,6 l/m2; Salvaterra aos 101,2 l/m2; Fornelos de Montes aos 89,6 l/m2; e Avión aos 86,9 l/m2.

Debido ao paso da fronte atlántica, os ceos estiveron nubrados e cubertos e houbo precipitacións no terzo oeste peninsular, máis intensas en Galicia ca en ningures. Segundo Meteogalicia, o vento acadou tamén importantes refachos, por exemplo, con máis de 170 km/h en Vimianzo (A Coruña).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga

Que tempo fará o día da eclipse? Así apuntan as primeiras previsións para o 12 de agosto en Galicia

Os modelos apuntan a ceos maioritariamente despexados, aínda que nubosidade segue a ser a grande incógnita, cunha fiabilidade aínda limitada