Unha espectacular bóla de lume atravesa a Península dende Lugo

O bólido procedente dun asteroide puido ser avistado durante case un minuto e viaxaba a 61.000 quilómetros por hora

Unha espectacular bóla de lume sobrevoou a península ibérica na noite deste venres e puido ser vista por multitude de persoas xa que o fenómeno se produciu ás 22:10 horas, entrou sobrevoando a costa de Lugo ata Andalucía, e destacou pola súa gran duración: preto dun minuto cando o habitual é que dure uns poucos segundos.

A rocha procedente dun asteroide entrou na atmosfera terrestre a unha velocidade duns 61.000 quilómetros por hora, o que provocou que se volvese incandescente. A bóla iniciouse a unha altitude duns 85 quilómetros sobre a provincia de Lugo. Despois avanzou en dirección sueste, cruzando o país nunha traxectoria lixeiramente descendente e practicamente paralela ao chan. Continuou perdendo altitude lentamente ata chegar ao suroeste de Madrid, momento no que empezou a gañar altura progresivamente mentres seguía avanzando cara ao suroeste da Península Ibérica.

Publicidade

Finalmente a bóla de lume deixou de ser vista cando se atopaba a unha altitude duns 87 quilómetros sobre o mar Mediterráneo, fronte á costa de Almería. Nese punto, a rocha abandonou a atmosfera terrestre seguindo unha órbita lixeiramente diferente á que inicialmente seguía cando se cruzou coa Terra.

O episodio foi gravado polo Complexo Astronómico da Fita, situado en La Puebla de Almoradiel (Toledo), que conta cun detector da Rede de Bólidos e Meteoros do Suroeste de Europa (Rede SWEMN) que traballa no Proxecto SMART que ten como obxectivo monitorar continuamente o ceo para rexistrar e estudar o impacto contra a atmosfera terrestre de rochas procedentes de distintos obxectos do Sistema Solar.

Publicidade

Segundo o astrofísico José María Madiedo, investigador responsable do Proxecto SMART, o fenómeno rexistrado na noite do venres coñécese como “bólido rozador“: bóla de lume que se xera cando unha rocha entra na atmosfera de forma case tanxencial, seguindo unha traxectoria practicamente paralela ao chan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía