Un ilustrador recrea o ‘xogo de mesa’ máis antigo de Galicia

O taboleiro está datado da Idade de Ferro e foi atopado nunhas escavacións por un equipo de arquéologos en Castro Curbín

Recreación do taboleiro achado en Castro Curbín.

O ilustrador e divulgador Paco Boluda acaba de recrear o que pode ser o xogo de mesa máis antigo de Galicia: un taboleiro de cerámica con varias fichas datado da Idade de Ferro, entre os séculos IV e II a.C. Foi atopado por sorpresa en Castro Curbín, Arzúa, por un equipo de arqueólogos liderado por Samuel Nión-Álvarez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É unha peza única que encontraron nunhas escavacións que teñen como obxectivo indagar na historia do municipio. Despois de analizala, os expertos consideran que non hai nada parecido nin no noroeste nin en toda a Península Ibérica.

Os fragmentos do taboleiro encontrados en Castro Curbín.
Os fragmentos do taboleiro encontrados en Castro Curbín.

Nas escavacións atoparon máis de 200 anacos dun taboleiro de cerámica con pequenos ocos para introducir as fichas. Despois de realizar unha análise íntegra os investigadores cren que podería ser unha das pezas lúdicas máis antigas de Galicia. Agora, o ilustrador Paco Boluda debuxou un taboleiro de xogo coas fichas e a tapa segundo a información que se publicou tralo descubrimento, como di el, “por se algún ou algunha artesá se pon mans á obra”. Conta tamén que o debuxo podería ser interesante para facer as regras do xogo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.