Venres 19 Abril 2024

Tres astronautas regresan á Terra convertida noutro planeta

Tras tres meses no espazo, Andrew Morgan, Jessica Meir e Oleg Skriposhka volven en plena pandemia do coronavirus, coa obriga de illarse de novo

Regresan a outro planeta. Porque a Terra que deixaron hai tres meses xa non é a mesma que hoxe. Dous astronautas da NASA e un cosmonauta ruso regresaron este venres desde a Estación Espacial Internacional (ISS) á Terra, que se atopa en plena pandemia polo novo coronavirus.

A cápsula con Andrew Morgan, Jessica Meir e Oleg Skriposhka aterrou nas etapas de Casaquistán esta madrugada, segundo a axencia especial rusa Roscosmos.

Publicidade

Trátase do primeiro regreso á Terra dunha tripulación da ISS desde que a Organización Mundial para a Saúde (OMS) declarou en marzo a pandemia global do coronavirus. “A aterraxe foi un éxito! Benvidos a casa Oleg Skriposhka, Andrew Morgan e Jessica Meir!”, celebrou Roscosmos na súa conta Twitter.

Aínda que o lugar de aterraxe foi o mesmo que para as anteriores tripulacións, nas estepas a 147km ao sueste da cidade kazaka de Jezkazgan, a pandemia impuxo algunhas modificacións no procedemento.

Os equipos a cargo de recibir aos astronautas foron sometidos a tests de Covid-19 e obrigados utilizar vestimentas e máscaras de protección. As primeiras imaxes vídeo difundidas por Roscosmos anoisaron a un dos membros dese equipo dicindo aos seus colegas: “Manteñan a distancia, por favor”.

Pouco antes do seu regreso á Terra, Jessica Meir, bióloga mariña, confiou á prensa desde a ISS que sería difícil para ela adaptarse ás novas regras de distanciamento social impostas pola pandemia de covid-19.

“Creo que me vou a sentir máis illada na Terra que aquí“, comentou a astronauta.

O lugar de partida dos astronautas cara aos seus países de residencia tamén foi modificado, xa que o aeroporto utilizado habitualmente, o de Karaganda, está pechado como outros centos de aeroportos no mundo. Por iso, Skriposhka volverá a Rusia a bordo dun avión que partirá do cosmódromo de Baikonur, utilizado para os lanzamentos cara á ISS.

Pola súa banda, os astronautas da NASA regresarán aos Estados Unidos a bordo dun avión desde a cidade de Kyzylorda, tras unha viaxe de varias horas en coche. Mentres o planeta combate contra o covid-19, a ISS tamén entra nunha nova era xa que se apresta a recibir en maio a astronautas transportados por primeira vez pola cápsula Crew Dragon de SpaceX.

O foguete da empresa do multimillonario Elon Musk lanzará esta cápsula cos astronautas da NASA Bob Behnken e Doug Hurley, poñendo fin así ao monopolio de Rusia, único país desde 2011 que está capacitado para efectuar voos tripulados cara á ISS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural