Sábado 20 Abril 2024

Este xoves chega o verán, que traerá unha eclipse total de Lúa

A eclipse total de Lúa do 27 de xullo vai ser o principal fenómeno astronómico da estación estival que comeza este xoves 21 ás 12:07 horas. En Galicia a Lúa sairá xa eclipsada totalmente sobre as 22.00 horas e continuará así ata as 23:13, cando comezará a eclipse parcial para rematar completamente o fenómeno ás 1:28 horas do día 28.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, destaca tamén en verán dúas eclipses parciais de Sol, o 13 de xullo e o 11 de agosto, “aínda que ningunha delas poderá contemplarse desde a Península”. O que si volven, como cada ano puntuais, son as  Perseidas, que poderán verse en condicións moi favorables as noites do 12 e 13 de agosto “debido a que este ano coinciden coa Lúa en fase nova”.

Publicidade

Por outra banda, Venus ao solpor, e Xúpiter e Saturno visibles durante toda a noite, van ser os planetas que destacarán nos ceos nocturnos, dando lugar mesmo a curiosas conxuncións, como a do 23 de xuño e do 20 de xullo na que a Lúa estará moi preto de Xúpiter, ou a do 30 de agosto con Venus e o noso satélite natural ao solpor.

Unha primavera fría
No que respecta á meteoroloxía da estación que remata, segundo os datos recabados no Observatorio Universitario a primavera non resultou excesivamente chuviosa na contorna de Compostela, nin en cantidade  (445,5 litros/m2) nin en número de días con precipitación (52), pero iso si, “cunhas temperaturas  máximas máis ben baixas especialmente a finais de maio e comezos de xuño, preto dos 15º”, asegura Docobo. De feito, neste último mes rexistrouse unha temperatura máxima de só 13º2 o día 9, o que non sucedía desde había décadas. Tamén xuño destacou pola pluviosidade, con 111 litros/m2.

TodoCosmos
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, logo de acadar de novo financiamento por parte da FECYT, desenvolverá un ano máis nunha morea de concellos de Galicia o programa de divulgación astronómica TodoCosmos. Ademais, os sábados de xullo, agosto e setembro o persoal do Observatorio colaborará, como dende os últimos dez anos coa Cidade da Cultura no programa Visitas Astronómicas.

1 comentario

  1. Grazas po la información compartida, a min gustanme moito estes temas.
    Perdón por as faltas que haxa cometido na nosa lengua pero nunca puden estudiarlo, eduqueime fora de España pero amo miña lengua galega; falo e leo so de escoita falar a miña aboa con miña nai. Cando teña posibles, comprarei un bo diccionario, o que teño e moi pequeno. Grazas de novo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204