Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia.
Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns.
Tamén falamos de ciencia cidadá con José Viñas, profesor do IES David Buján. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárez das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Finalmente contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.