Infiltrámonos no congreso 18 congreso da “Sociedad Española de Neurociencia” celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela.
Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes:
Cerebroides en placa petri
Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética
Existe o libre albedrío?
Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos
En ratiños de laboratorio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios
Cal é o estado mental dun músico cando fai improvisación?
As bolboretas femininas da alma, o papel das hormonas no cerebro feminino
María Llorens Martín diante da obra dos alumnos do Mestre Mateo
Para tratar estes temas conversamos con Agnés Gruart (Presidenta da SENC, catedrática de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), José Mª Delgado (catedrático de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), Guglielmo Foffani (enxeñeiro biomédico, HM CINAC), Paola Arlotta (Universidade de Harvard), Luis Miguel García Segura (Profesor de investigación do CSIC-Instituto Cajal), Botond Roska (Friedrich Miester Institute for Biomedical Research, Basilea), María Llorens Martín (Centro de Biología Molécular Severo Ochoa) e Patricia Tezanos (Instituto Cajal e creadora de Antroporama).
O cerebro organiza estímulos e dirixe o foco cara ao relevante mediante circuítos dopaminérxicos. Por Juan Pérez Fernández e Carmen Núñez González / UVigo
A lectura destaca por activar procesos cognitivos específicos que, especialmente cando o cerebro se está desenvolvendo, poden marcar diferenzas importantes na idade adulta
Cada sábado ás dez da mañá facemos una pausa contigo
Recibe no teu correo a nosa carta desde a Redacción
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.