Navegar polo Sistema Solar desde casa xa é posible

Vista de Marte, coa estela da Vía Láctea e o Sol ao fondo. Imaxe: Google Maps.
Vista de Marte, coa estela da Vía Láctea e o Sol ao fondo. Imaxe: Google Maps.

É posible saír a dar un paseo polo Sistema Solar desde a casa. A través da ferramenta Google Maps, o xigante de Internet puxo a disposición dos usuarios novos mapas dos astros que xiran arredor do Sol, ata alcanzar un total de 12 corpos. Entre eles, por certo, está o cráter que Rosalía de Castro ten en Venus.

Así, na sección satélite 3D de Google Maps, á que se pode acceder nesta ligazón, pódese navegar, ademais da Terra, polos planetas de Mercurio, Venus e Marte, así como os satélites de Ío, Europa e Ganímedes (que orbitan arredor de Xúpiter), Mimas, Encélado, Dione, Rea, Titán e Iapeto (Saturno) e os planetas ananos de Ceres e Plutón.

Publicidade

Os usuarios poden, deste xeito, achegarse e alonxarse a través da superficie dos astros do Sistema Solar, vendo, con cadanseu nome, os diversos accidentes xeográficos, como cráteres, cordilleiras, chairas ou depresións.

Datos da NASA e a ESA

O proxecto de Google, que conta coa colaboración da NASA e a ESA, tomou os datos da sonda Cassini, que hai apenas un mes rematou a súa misión en Saturno, para elaborar o mapa de Encélado. Para as imaxes doutros satélites, como Europa, Ganímedes, Rea e Mimas, utilizáronse as reconstruccións en 3D elaboradas polo artista astronómico Björn Jónsson a partir de imaxes da NASA e a ESA.

Publicidade

Desde 2014, xa era posible observar os mapas da Lúa e de Marte nesta aplicación. Ademais, desde xullo deste mesmo ano, incorporouse a opción de percorrer as instalacións da Estación Espacial Internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco