Meteoros das oriónidas desde Orión

Créditos da imaxe e copyright: Lu Shupei
Créditos da imaxe e copyright: Lu Shupei

Explicación: os meteoros estiveron a seren disparados desde a constelación de Orión. Isto agardábase, xa que outubro é o momento do ano para a chuvia de meteoros das oriónidas. Na fotografía superior, máis ou menos unha ducia de meteoros foron captados en exposicións engadidas sucesivamente do fin de semana pasado sobre o volcán Wulan Hada na Mongolia Interior, China. A imaxe publicada amosa múltiples raias meteóricas que se poden conectar todas cunha única rexión pequena do ceo denominada o radiante, que aquí se pode ver xusto por riba e á esquerda do cinto de Orión. Os meteoros das oriónidas comezaron coma anacos do tamaño de areas expulsados desde o cometa Halley durante unha das súas excursións ao Sistema Solarinterior. O cometa Halley é realmente o responsable de dúas chuvias de meteoros coñecidas, a outra denominada como as eta acuáridas e visibles cada maio. O próximo mes, a chuvia de meteoros das leónidas procedentes do cometa Tempel-Tuttle tamén deberían resultar nalgunhas brillantes raias meteóricas.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo