Sete imaxes impresionantes (e premiadas) do mundo animal

O galardón de Fotografía Ambiental 2025 que outorga a Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco recoñece o traballo do español Ángel Fitor

Dous tigres, un ameazante e outro vulnerable. Un tapir coas patas queimadas. Unha tartaruga tratando de sobrevivir e dúas vacalouras nun combate feroz. Esas son algunhas das imaxes gañadoras do Premio de Fotografía Ambiental 2025 que convoca anualmente a Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco. O gran galardoado deste ano é o español Ángel Fitor, que logrou colocar dúas imaxes entre as sete mellores, e recibiu unha condecoración especial por Heroes invisibles anónimos, unha imaxe que capta varios tobos de vermes cuspindo area.

A selección da edición de 2025 inclúe 36 fotografías e sete premiadas. Cinco delas gañadoras das categorías Marabillas polares, No bosque, Lobos oceánicos, Humanidade versus natureza e Creadores do cambio: razóns para a esperanza. Tamén houbo un Premio do Público e un Premio de Elección do Estudante.

Publicidade

A continuación podes ver as sete imaxes premiadas:

  • Heroes invisibles anónimos. Vermes que sacan area dos seus tobos, 2023. Imaxe gañadora da categoría Mundos Ocenánicos e Fotógrafo Ambiental 2025. Foto: Ángel Fitor
  • Medusa e iceberg en Groenlandia, 2019. Imaxe gañadora da categoría Marabillas polares. Foto: Galice Hoarau
  • Máquina reprodutora. Tigresa anciá nunha granxa para tigres en Tailandia, 2023. Imaxe gañadora da categoría Humanidade contra a natureza. Foto: Amy Jones
  • Despois das lapas, a esperanza. Tapir salvado do lume en Brasil, 2024. Mención Honorífica na categoría Xenes de cambio: razóns para a esperanza e Premio do Público 2025. Foto: Fernando Faciole
  • Furia de reis. Combate entre dúas vacalouras en Italia, 2022. Imaxe gañadora da categoría No bosque. Foto: Iacopo Nerozzi
  • Xornada de Formación. Cría de tartaruga careta nun centro de recuperación de España, 2022. Imaxe gañadora da categoría Xeradores do cambio: razóns para a esperanza. Foto: Ángel Fitor

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país