Que son os raios crepusculares? Descubre os feixes de luz que desafían ás nubes

Este fenómeno óptico atmosférico, que se manifesta como columnas luminosas visibles, foi capturado na Illa de Sálvora

Os raios crepusculares, entendidos entendido dende a óptica atmosférica, preséntanse como raios de luz que se colan polas aberturas das nubes, en especial dos estratocúmulos (Stratocumulus; formacións nubosas baixas), cando o sol está preto do horizonte. Así se poden observar nunha publicación que MeteoGalicia compartiu no seu perfil de X tras captar o fenómeno dende unha cámara web en Sálvora.

Este fenómeno baséase, pois, en columnas iluminadas que crean a ilusión de separar zonas de luz —por onde se filtra o sol—  e zonas de escuridade —sombra creada polas nubes ou outros obxectos que impiden o paso dos raios solares—. Este fenómeno vólvese especialmente perceptible no amencer e no solpor, por propiciar estes momentos o maior contraste entre luces e sombras.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual