Que pasa coa auga da chuvia cando chega ao mar? Así inflúen os ventos

O investigador do Instituto Español de Oceanografía de Vigo Pablo Otero explica a repercusión das intensas precipitacións de comezos de ano

O 2022 rematou pasado por auga. As intensas chuvias de decembro asolagaron Galicia, pero… Que acontece cando os ríos arrastran toda esta auga ata chegar ao mar? O investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo Pablo Otero fai uso das imaxes de satélite para explicar este fenómeno na súa canle de Twitter. Segundo escribe, o 2 de xaneiro o caudal era moi alto e predominaba o vento do este, polo que se ve perfectamente como a pluma do río Miño cobre case toda a plataforma.

Non é de estrañar, tendo en conta o moito que tamén choveu nas primeiras semanas de xaneiro. Segundo os datos de Meteogalicia, ata un 226% máis nalgunhas zonas, tomando como período de referencia o 1981-2010. Tal e como continúa explicando Otero, a pluma vaise modificando segundo o vento. De feito, o 22 de xaneiro esténdese cara ao suroeste empuxada por ventos predominantes do noroeste. Xa o 27, o do noreste confina a pluma cara a costa e, ao mesmo tempo, desprázaa cara ao sur. “As plumas responden á variabilidade do vento e, ademais, fano en cuestión de horas”, explica o investigador, botando man das imaxes de Sentinel-2.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia