Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

Saen á luz as primeiras imaxes dunha das lúas de Marte, chamada Deimos. Foi capturada pola Misión de Marte dos Emiratos (EMM), tamén chamada Hope Mars Mission, e os expertos alegan a partir das fotografías que Deimos formouse á vez que Marte, descartando a teoría de que fose un asteroide que entrou na órbita do planeta. Cando chegaron as primeiras capturas desta lúa de 12,4 quilómetros de ancho, o equipo quedou sorprendido. A líder científica de EMM, Hessa Al Matroushi, comentou emocionada tras a primeira transmisión: “Marte estaba no fondo, e iso foi alucinante, honestamente”. Na reunión da Unión Europea de Xeociencias celebrada o pasado luns 24 de abril, informou dos resultados.

Imaxe de Deimo con Marte por detrás. Crédito: Misión de Marte dos Emiratos (EMM)

Hope realizou o seu primer sobrevoo en Deimos o pasado 10 de marzo, a tan só 100 quilómetros da superficie. Hope posúe unha gran órbita que alcanza máis de 40.000 quilómetros por enriba de Marte, explicou Al Matroushi, que pertence ao Centro Espacial Mohammed Bin Rashid en Dubai. De maneira que se puido observar a Deimos dende o seu lado afastado. O espectro relativamente plano que os científicos identificaron suxire que esta lúa parece estar composta por regolito de gran fino, material que se aprecia na superficie de Marte, e non rocha rica en carbono que normalmente se atopa nos asteroides. “Se houbese carbono ou orgánicos, veriamos picos en lonxitudes de onda específicas”, explica Al Mastroushi.

Publicidade

Imaxes de Deimos. Crédito: Misión de Marte dos Emiratos (EMM)

A nave espacial de 1,35 toneladas e 200 millóns de dólares lanzouse nun foguete xaponés en xullo de 2020 e chegou a Marte en febreiro de 2021. O seu principal obxectivo era estudar as variacións estacionais na atmosfera do planeta e os patróns climáticos. Unha vez que isto rematou, o equipo enviou os propulsores para cruzarse coa órbita de Deimos. “Non queremos obter unha observación única de Deimos”, di Al Matroushi, “sabiamos que queriamos máis”. A misión non pode visitar o outro satélite natural de Marte, Fobos, que rodea o planeta a menos de 10.000 quilómetros da superficie, que está máis abaixo que o punto máis baixo da órbita da sonda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite