Pratos boca arriba ou boca abaixo (podes darlle a volta coa mirada)

A ilusión óptica permite a moitas persoas ver os pratos boca arriba ou boca abaixo.
A ilusión óptica permite a moitas persoas ver os pratos boca arriba ou boca abaixo.

Esta ilusión óptica se ten viralizado nas últimas horas porque permite dar a volta á realidade só coa nosa mirada. “Mira os pratos. Están boca abaixo, pero non todos… En canto vexas os que están boca arriba, todo os demás darán a volta. Cousas da cabeza”, di o texto da mensaxe que circula por WhatsApp estes días. Foi compartida a principios de outubro pola estadounidense Catherine McIver e se ten compartido xa máis de 160.000 veces en dúas semanas.

A explicación a este fenómeno está na ‘ilusión de profundidade‘ que provocan as sombras sobre os pratos. De feito, esta técnica de sombrear é moi empregada polos pintores para dar relevo aos seus cadros. No caso desta imaxe, a sombra xera unha ilusión óptica porque o cerebro pode interpretar de dous xeitos distintos o que está a ver. E atopar pratos boca arriba ou boca abaixo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo...

Esta ilusión óptica revela se tes cegueira á curvatura

Que ves na imaxe? Todas as liñas onduladas son iguais? Ou algunhas esquinas son máis pronunciadas ca outras en función da área?

Un estudo revela por que nos engana esta ilusión óptica

O novo traballo conclúe que o noso cerebro ten de xeito innato un mecanismo para identificar o brillo e a luminancia

Este eixo que nos confunde, mellor ilusión óptica do 2019

Esta ilusión imponse no certame que organiza na Universidade de Nova York a neurocientífica galega Susana Martínez-Conde