Chega a Galicia o aire do Ártico esta fin de semana

Malia que Galicia goza dun tempo case de verán neste mes de outubro, o frío xa chama ás portas. Porque a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) anunciou a chegada polo norte “dunha masa de aire moi fría de procedencia practicamente polar”. Vén acompañada de ventos “do norte moi fríos”, o que vai provocar unha “importante baixada das temperaturas” que se vai a notar xa desde o venres pero, sobre todo, ao longo da fin de semana.

De cumprirse os prognósticos, a forte caída das temperaturas en Galicia comezará o venres e vaise manter cando menos o sábado e o domingo.

Publicidade

A predición a medio prazo tamén afirma que podería nevar en cotas altas do país, especialmente nas montañas de Lugo, aínda que non se espera que estas primeiras folerpas do outono pasen dunha anécdota.

Tras a entrada desta xélida masa de aire polar a vindeira fin de semana, o anticiclón retiraríase cara ao sur, deixando a Galicia exposta a un corredor polo que comezarían a entrar trenes de borrascas. Con iso, a situación do outono sería máis habitual, tendo en conta que outubro adoita ser un dos meses máis chuviosos do ano, pero que desta volta permitiu que se alcanzasen ata os 28 graos en varias localidades.

Publicidade

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana