A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo simulando un buraco negro que vai aumentando nun espazo de valeiro de luz. Este efecto ten unha razón de ser pois, tal e como indicaron os seus investigadores, o movemento ilusorio cara adiante é unha forma que ten a nosa mente de prepararnos para un cambio de escenario. Segundo recolle Science Alert, ante esta composición visual as nosas pupilas do ollo dilátanse e, deste modo, a pesar de que na realidade a imaxe é estática, ao predecir un cambio do brillo a escuridade, o noso sistema visual axústase con certa rapidez, como defensa adaptativa do corpo a condicións potencialmente perigosas.

O estudo analizou, nun primeiro momento, como o buraco e os puntos que o rodean poden chegar a afectar as nosas respostas mentais e fisiolóxicas, a través de varias probas reais cunha mostra de 50 participantes con visión normal. Así, atoparon que a ilusión do movemento cara adiante era máis efectiva cando o buraco era negro, pois facía aumentar as pupilas dos suxeitos, ao contrario que outras cores máis claras como o branco. Os autores tamén comprobaron que o 14% do grupo non percibía esa expansión ilusoria ou que percibía o aumento do buraco con distinto grao de intensidade. Os investigadores indicaron que cando a rexión central é negra, probablemente as nosas pupilas nos estean preparando para un cambio de luminancia nun futuro próximo. Deste modo, aqueles individuos cuxas pupilas tardaron en dilatarse, terían máis difícil poder navegar na escuridade de forma eficiente.

Publicidade


O estudo publicouse en Frontiers in Human Neuroscience.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto