De onde proceden os turistas de España? Descóbreo neste mapa interactivo

Este gráfico elaborado por Dominic Royé amosa que as visitas de Reino Unido, Francia, Alemaña e Países Baixos son as máis frecuentes

Desde onde nos visitan? Esa é a incógnita que o climatólogo Dominic Royé, investigador e responsable de ciencias de datos na Fundación para a Investigación do Clima (FIC), resolveu coa elaboración dun mapa de densidade a partir de datos do Instituto Nacional de Estatítisca (INE) do 2022 sobre o turismo en España. O mapa inclúe as procedencias máis frecuentes (Reino Unido, en azul; Francia, en vermello; Alemaña, en amarelo, e Países Baixos, en rosa) máis Portugal (en verde) —por unha cuestión de proximidade— e cada un dos puntos representa a 50 turistas. En Galicia, a nacionalidade máis habitual é a veciña.

https://twitter.com/dr_xeo/status/1645823211177758721

As maiores concentracións de turistas prodúcense en Madrid e ao longo de toda a costa mediterránea, entre Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía. No caso de Portugal, a tendencia non é desprazarse ata tan lonxe, senón moverse ata os municipios fronteirizos, como os galegos. Obsérvase unha maior densidade nas localidades das Rías Baixas (Vigo e a súa área metropolitana) e tamén danse concentracións en Santiago de Compostela e A Coruña, onde a súa orixe mestúrase coa doutros países europeos.

Publicidade

Chamou a atención aos usuarios de Twitter a liña que cruza o territorio desde a metade de Portugal —á altura de Castela e León— ata o País Vasco, que se marca sobre todo para Francia, Alemaña e Portugal. Isto explícase porque é a ruta máis rápida para chegar ata Portugal e, en concreto, a Lisboa e, na dirección contraria, é o camiño cara os Pireneos.

Este outro mapa interactivo recolle os datos de xullo do 2022, onde os patróns observados son similares aos do gráfico anual. Desta vez cada punto representa a 25 turistas en lugar de a 50.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Que di o teu apelido sobre a túa orixe? Descúbreo neste mapa de Galicia

Unha ferramenta do Instituto da Lingua Galega permite consultar en liña a distribución dos sobrenomes no territorio a partir de datos do censo de 2001

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade