Ollo co sol: Galicia rexistrará estes días “niveis moi altos” de radiación ultravioleta

Os expertos recomendan usar fotoprotector, sombreiro, roupa e lentes, así como evitar a exposición solar entre as 12 e as 16 horas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) anuncia niveis moi altos de Índice Ultravioleta en toda España para este mércores 29 e este xoves 30 de maio. En Galicia, as predicións apuntan a un Índice UV 8, que significa un impacto “moi alto” destes raios. Dende Meteogalicia informan de que, coa inminente entrada no mes de xuño, o aumento deste valor entra dentro da normalidade anual. Con todo, a pesar do habitual deste fenómeno, anuncian que cómpre tomar as precaucións necesarias para combatilo, que pode chegar a provocar melanoma e outras formas de cancro cutáneo.

Entre as medidas de protección recomendadas, aconséllase un correcto emprego de productos fotoprotectores, sobre todo en nenos. No Índice UV 8, no que se atopará Galicia estes días, recoméndase o emprego de FPS 30 ou maior, xunto ao uso de sombreiro, roupa e lentes de sol. Ademais, deberíase evitar a exposición solar dende as 12 ata as 16 horas, que comprenden o tempo de maior irradiación.

Publicidade

Mentres, os menores de 6 meses non se deben expoñer directamente ao sol, protexidos por roupa e sombra. Non é aconsellable aplicar ningún produto fotoprotector, pois a súa pel non é o suficientemente madura para afrontar estas substancias. Se a exposición é inevitable, pódese empregar unha crema solar en pequenas áreas corporais que non poidan ser cubertas por roupa, como a cara ou as mans.


Podes consultar as medidas de protección recomendadas por Meteogalicia nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla