O oso pardo deixa a súa pegada na neve dos Ancares

As pisadas dos plantígrados poden atoparse estes días nas montañas da serra e tamén no veciño Courel

Estas fotos tomadas esta semana amosan que o oso pardo está de volta ás montañas dos Ancares. As pegadas na neve do plantígrado foron captadas por un montañeiro nunha zona dos Ancares galegos que non sinalamos para favorecer a súa protección.

A “boa evolución” do oso pardo no núcleo occidental cantábrico está a permitir a súa expansión cara ao oeste polas serras lucenses de Ancares e Ou Courel, territorios incluídos na Rede Natura 2000 polos seus valores naturais.

Publicidade

De feito, a Fundación Oso Pardo traballa para concienciar sobre a importancia do asentamento do oso en Galicia, dentro do programa Life. Porque nos Ancares hai anos que hai “presenza consolidada” de osos, e no Courel tamén é cada día máis frecuente a observación de exemplares. Life organizou actos de información nos municipios de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. E, na Serra de Ancares, nos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

Aínda que non está realizado un censo exacto, a Fundación calcula que na Cordilleira Cantábrica hai unha poboación por riba dos 250 exemplares e que en Pireneos hai outros 40.

Publicidade

Gravan un oso pardo nunha estrada dos Ancares

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores

O declive de árbores que producen froitos secos ameaza a supervivencia do oso pardo

O profesor da USC Emilio Díaz Varela asina un estudo que combina modelos de distribución de especies con proxeccións climáticas ata o ano 2100

É o leite de lúa de Aradelas o primeiro de Galicia? Outro depósito do Courel dispútalle o privilexio

Persoal do xeoparque descarta que a cova da Buraca das Choias acredite cientificamente a consideración de 'moonmilk'