O incendio de Tenerife e outros fenómenos: cantos identificas nesta imaxe da NASA?

O organismo estadounidense capta dende o espazo o fume dun lume que xa deixa 1.800 hectáreas queimadas na illa canaria

A NASA acaba de publicar unha imaxe de satélite onde se aprecia claramente o fume do incendio que arrasa Tenerife. O lume, que se iniciou o 15 de agosto nos bosques que rodean o volcán do Teide, xa deixa 1.800 hectáreas queimadas e decenas de persoas evacuadas, segundo os datos ofrecidos esta mañá por el tiempo.es. Este non é o único incendio importante que rexistran as illas Canarias en verán, dado que a La Palma sufriu outro lume no mes de xullo.

Na imaxe publicada pola NASA tamén se poden apreciar outros curiosos fenómenos. Á esqueda do arquipélago, vese unha formación de nubes que forma un remuíño sobre o Atlántico. Segundo informan dende o organismo estadounidense, este tipo de fenómenos adoitan producirse cando os altos picos volcánicos interrompen o aire que flúe ao seu arredor.

Publicidade

Na mesma fotografía pode verse un río de po do deserto do Sáhara que cruza o océano rumbo ao Caribe. Tamén, unha mancha azul brillante fronte á costa marroquí que pode ser unha floración de fitoplancton. E, finalmente, unha raia diagonal de brillo solar que fai que esta escena pareza descolorida.

Os cinco fenómenos que identifica a NASA na imaxe publicada este xoves 17 de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027