A NASA publica imaxes inéditas dos aneis de Saturno

A axencia estadounidense difunde novas fotografías das últimas observacións da sonda Cassini antes de desintegrarse contra o planeta

En setembro de 2017, a sonda Cassini terminou o seu servizo e desintegrouse contra Saturno, o planeta que estivo estudando durante anos. Porén, os datos recollidos na súa misión seguen chegando pouco a pouco, ao seren procesados polos investigadores da NASA. Desta vez, un novo artigo publicado en Science a semana pasada publica fotografías inéditas dos aneis e describe os resultados obtidos da aproximación á súa superficie.

Así, entre os achados inclúense detalles e texturas dos aneis: cambios de cor, temperatura e composición química que xeran novas cuestións acerca da orixe e situación actual dunha das formacións máis abraiantes do sistema solar.

Publicidade

Entre outros detalles, estas imaxes inéditas amosan as lúas diminutas incrustadas nestes aneis, interactuando coas partículas que as rodean. Do mesmo xeito, as observacións afondan en detalles como o borde exterior dos aneis principais, onde existen raias semellantes xeradas por un impacto no anel F, o que suxire que probablemente foron causadas por unha mesma vaga de impactos nun curto lapso de tempo.

Misterios sen resolver

Publicidade

Do mesmo xeito, outras cuestións previas perduran sobre Saturno. Estas fotografías inéditas dos aneis, cun detalle nunca visto, amosan diferentes texturas que non se corresponden coas características que os científicos identificaran. “Isto cóntanos que o aspecto dos aneis non ten que ver só coa cantidade de material que hai, ten que haber algo distinto nas características das partículas, quizais ten que ver co que acontece cando dúas partículas destes cincos colisionan e rebotan. Pero todavía non sabemos o que é”, dixo o astrónomo Matt Tiscareno.

A pesar dos misterios que permanecen, estes novos datos, e outros que quedan por estudar, ofrecerán aos científicos unha visión aínda máis próxima do planeta. “É como aumentar un pouco máis as nosas posibilidades do que poderiamos ver nos aneis. Todos imos tendo unha visión máis clara do que está pasando”, subliña Linda Spiker, do Jet Propulsion Laboratory da NASA.

Referencias: Close-range remote sensing of Saturn’s rings during Cassini’s ring-grazing orbits and Grand Finale (Publicado en Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español