A rede Cousa de Raíces dou a coñecer esta fin de semana o balance da segunda deseucaliptización simultánea celebrada en 15 montes galegos na primeira quincena de xuño. As 25 entidades que participaron na actividade reuniron arredor de 380 persoas “co propósito de eliminar especies exóticas invasoras e reivindicar a recuperación das especies arbóreas autóctonas e doutros usos sostíbeis do monte”. E conseguíronse eliminar, segundo os datos achegados pola organización, “uns 81.208 exemplares de diferente tamaño, entre gromos ou rebrotes de cepa, plántulas de semente e árbores de maior porte”.
Unha cifra menor da acadada na primeira iniciativa deste tipo, hai dous meses, cando debido “a que moitas das actividades que se realizaron nesta ocasión tiveron lugar nos mesmos montes nos que xa se actuou hai dous meses, con motivo do Día Mundial Forestal, polo que os traballos que desta volta se desenvolveron neses montes foron esencialmente de repaso e/ou de reforzo da anterior limpeza”, segundo explican desde a organización.
En total, actuouse nunha superficie de 10 hectáreas distribuídas en 15 montes das catro provincias galegas, principalmente Pontevedra e A Coruña, pero tamén en Ourense e Lugo. O 90% do número de exemplares eliminados pertencía a Eucalyptus globulus, aínda que en seis das quince actividades realizadas tamén se intentou erradicar Acacia melanoxylon ou acacia negra e a Acacia dealbata ou mimosa.
A rede Cousa de Raíces subliñou tamén que nas zonas nas que se traballara na primeira edición “comprobouse con satisfacción que moitos dos exemplares na primeira edición non volveron agromar“. Con todo, destacan “a necesidade de realizar xornadas de limpeza continuadas e non demasiado espaciadas no tempo para obter resultados satisfactorios”.
No tocante á plantación de especies forestais e froiteiras autóctonas, os grupos desta segunda deseucaliptización simultánea actuaron en lugares como a Finca Cambeiro en Corcubión, o monte de Rebordelo en Cerdedo-Cotobade ou os montes de Teis en Vigo. Outra das experiencias protagonizada pola asociación Betula, nas Fragas do Eume, consistiu en avaliar os resultados da cobertura de cepas de eucalipto con plástico negro para evitar que a luz favorecese o seu rebrote e a aparición de fungos saprófitos, obtendo uns óptimos resultados.
En canto ao número de participantes, o grupo máis numeroso foi o convocado polo colectivo A Rente do Chan-Pladever, que conseguiu reunir nos montes de Gradín, en Pontecaldelas, a 85 voluntarias e voluntarios, entre os que se atopaba o alumnado do IES do municipio, que participa tamén no proxecto educativo “Monte Vivo”. Alén disto, as brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia colaboraron en cinco das limpezas propostas con extraordinarios resultados.
Qué cantidad de bobadas.
En Galicia no ha habido monte autóctono desde hace siglos. Solo hace falta ver fotos de hace unas décadas y comprobar que el paisaje gallego estaba tan pelado, más verde eso si, como el de Castilla.
Donde ahora hay pinos y eucaliptos antes había patatas millo y pastos. Son plantaciones como lo eran las de patatas.
Esos pinos y eucaliptos son un chorro de dinero al rural que estaría aún mucho más abandonado sin ellos.
Los gallegos vivimos de mitos adanistas.
Es obvio que cada uno se remonta al momento histórico que le interesa para argumentar