Morren os cachorros de ‘Nenúfar’, a lince morta a tiros por un cazador

A Xunta de Castela-A Mancha vai presentarse como acusación particular contra o autor dos disparos que acabaron coa vida desta familia felina

Os catro cachorros da lince ‘Nenúfar‘, que morreu abatida a tiros por un cazador no pasado mes de xuño, morreron sen que se puidese salvar a súa vida en ausencia da súa nai, segundo informou hoxe a goberno de Castela-A Mancha.

O Goberno rexional iniciou os trámites para persoarse como acusación particular na denuncia contra o cazador que disparou contra esta femia de lince en Menasalbas, Toledo a finais da pasada primavera.

Publicidade

O exemplar de lince ibérico foi atopado por un axente medio ambiental que puxo o achado en coñecemento da Garda Civil, quen a través da súa unidade do SEPRONA logrou localizar e identificar ao autor dos disparos, que asegurou que confundira ao lince cun raposo.

O cazador enfróntase a penas de ata dous anos de prisión, e sancións de ata catro anos de inhabilitación para a práctica da caza. O coto de Menasalbas onde sucedeu o incidente atópase actualmente suspendido para a práctica de calquera actividade cinexética á espera que se clarifiquen os feitos. Nestes momentos tamén hai abertas outras dúas investigacións para tentar esclarecer as circunstancias do falecemento doutros dous exemplares de lince ibérico na rexión, un por un disparo, e outro que foi atrapado por un cepo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

A sorprendente conexión entre unha foca, unha ameixa e unha lura

Dominan a hidráulica, comparten a pedra calcaria... Os tres animais buscan solucións diferentes para un mesmo obxectivo: sobrevivir no océano

O teu can sobreviviría só na natureza?

Valerie desapareceu nunha illa australiana a onde fora de vacacións coa súa familia e 500 días despois constatouse a súa adaptación á vida salvaxe

As raíces das árbores caducifolias non dormen no inverno e continúan crecendo

Un estudo demostra que a parte subterránea acumula carbono durante todo o ano, non só para a fotosíntese