Este exemplar de lince ibérico que se observa na foto morreu onte como consecuencia dun atropelo nunha estrada do ámbito de Doñana. Trátase dun macho novo pertencente á poboación Doñana-Aljarafe. É a segunda morte por atropelo no que vai de ano nas estradas andaluzas, despois da rexistrada o 28 de xaneiro en Córdoba. Ademais, o 21 de xaneiro localizouse Ciudad Real o cadáver de Kivu, un dos linces reintroducdido nos montes de Toledo, unha morte en circunstancias que non foron clarexadas. Ata o lugar do atropelo desprazáronse técnicos do programa Life Iberlince. O lince ibérico (lynx pardinus) é unha das especies máis ameazadas do mundo. Endémico da Península Ibérica, só se conservan uns 300 individuos, repartidos en dúas poboacións en Andalucía sen contacto entre elas. Foto: WWF.
Este exemplar de lince ibérico que se observa na foto morreu onte como consecuencia dun atropelo nunha estrada do ámbito de Doñana. Trátase dun macho novo pertencente á poboación Doñana-Aljarafe. É a segunda morte por atropelo no que vai de ano nas estradas andaluzas, despois da rexistrada o 28 de xaneiro en Córdoba. Ademais, o 21 de xaneiro localizouse o cadáver de Kivu, un dos linces reintroducdido nos montes de Toledo, unha morte en circunstancias que non foron clarexadas. Ata o lugar do atropelo desprazáronse técnicos do programa Life Iberlince. O lince ibérico (lynx pardinus) é unha das especies máis ameazadas do mundo. Endémico da Península Ibérica, só se conservan uns 300 individuos, repartidos en dúas poboacións en Andalucía sen contacto entre elas. Foto: WWF.
Investigadores portugueses analizan dúas décadas de lixo mariño na costa ibérica do Atlántico e inclúen os areais de Rodas, A Lanzada, Rostro e Baldaio
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.