M100: un gran deseño de galaxia espiral

Galaxia espiral M100
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA. Procesado e licenza: Judy Schmidt.

Explicación: M100, maxestuosa nunha auténtica escala cósmica, é coñecida axeitadamente coma unha galaxia espiral de gran deseño. Trátase dunha gran galaxia cuns 100 mil millóns de estrelas con brazos espirais ben definidos que se parece a nosa propia galaxia Vía Láctea. M100 (alias NGC 4321), un dos membros máis brillantes do Cúmulo Virgo de galaxias, está a 56 millóns de anos luz de distancia cara a constelación da Cabeleira de Berenice (Coma Berenices). Esta imaxe do Telescopio Espacial Hubble de M100 fíxose en 2006 e desvela brillantes cúmulos de estrelas azuis e sinuosos corredores de po que son distintivos desta clase de galaxias. Os estudos de estrelas variables de M100 xogaron un importante papel para determinar o tamaño e idade do Universo. Se sabes onde mirar exactamente, podes atopar unha pequena mancha que é un eco de luz procedente dunha supernova brillante que se rexistrou uns poucos meses antes de que se tirase a imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns