Un modelo en 3D cartografa os recunchos máis descoñecidos da Cova do Rei Cintolo

O mapa dixital percorre 9.204 metros da cavidade subterránea máis grande de Galicia e o obxectivo é chegar aos 11.000

A Cova do Rei Cintolo é unha mestura indiscutible de mitoloxía e ciencia. Descuberta en 1873, hai poucos estudos sobre a cavidade subterránea máis grande de Galicia. Agora, un equipo de espeleólogos coordinado por Marcos Vaqueiro está a traballar nun modelo en 3D que se adentra nos recunchos máis descoñecidos da cova. Xa conseguiron estudar 9.204 metros e o obxectivo é chegar aos 11.000. “Cando comezamos en 2018, a cartografía da cova de 1979 incluía unas 5.190 metros, aínda que pensaban que acadaba os 6.500. A aposta do 2025 é dobrar a medición obtida no século pasado”, indica.

O último modelo dixital público, datado de decembro de 2024, inclúe preto de 14.000 estacións topográficas. Os investigadores que forman parte do proxecto Rei Cintolo: Obxectivo 11.000 m, que busca a maior cartografía da cova, xa pechou os grandes percorridos da cavidade que enlazan os puntos máis extremos. A iniciativa, que naceu en 2017 do Clube de Espeleoloxía A Trapa (CETRA) en Mondoñedo, a través dun encontro de espeleólogos de varias asociacións, comezou a andar en 2018. “Hai moita xente implicada, iniciamos un traballo máis sistemático, orientado á reexplotación, ao modelado dixital, á cartografía morfolóxica e ao estudo da cova…”, apunta Vaqueiro. En seis anos de proxecto xa organizaron 51 expedicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo revela contaminación por nitratos na Cova do Rei Cintolo

Un equipo da UVigo e da UDC cre que a orixe da polución nas augas do lago pode estar nos xurros que se empregan para abonar prados
00:00:26

A cova do Rei Cintolo, a máis grande de Galicia, xa ten vídeo 3D para reconstruír a súa historia

O equipo dirixido polo enxeñeiro e espeleólogo Marcos Vaqueiro deseñou un modelo dixital para estudar toda a diversidade do terreo

A cova do Rei Cintolo, distinguida como a “Mellor Cova de Galicia 2022”

A gruta calcaria máis grande de Galicia acaba de recibir a certificación por parte da axencia Observer

Vaqueiro: “A humanidade descoñece os valores que agochan as covas”

O investigador lamenta que “un neno galego saiba que en Asia aparecen velociraptores e non que en Galicia existiron panteras, mamuts ou osos cavernarios”