Estaban a piques de cumprirse tres meses desde que a axencia espacial india perdera contacto coa sonda Vikram, da misión Chandrayaan-2, que convertería ao país no cuarto país en poñer un obxecto na superficie lunar. Porén, algo saíu mal, e despois dunha longa e intensa procura, a NASA difundiu esta semana imaxes captadas pola Lunar Reconnaisance Orbiter (LRO) nas que se albisca o lugar de impacto da Vikram e o que semellan ser restos espallados arredor. Na imaxe que encabeza o texto, poden verse en verde os restos da nave (tanto confirmados como posibles) e en azul sitúanse os puntos nos que estes restos alteraron a superficie lunar.
![]()
Confírmase así o choque de Vikram contra a superficie do satélite, despois de que se perdera contacto pouco antes da aluaxe programada o 7 de setembro. Durante este tempo, buscouse nunha chaira a uns 600 quilómetros do polo sur da Lúa, onde finalmente foi localizada. Durante este tempo, moitos profesionais e afeccionados á astronomía descargaron e estudaron o mosaico difundido pola LRO para intentar atopar algunha evidencia. E foi un deles, o hindú Shanmuga Subramanian, quen contactou coa NASA para informar do posible achado da Vikram nun lugar deste mosaico.
Unha vez recibida a información, a LRO contrastou e confirmou que se trataba dos restos da sonda hindú. Nun primeiro momento, cando se intentou observar a zona, esta rexión estaba mal iluminada e, por tanto, non era sinxela de identificar. Posteriormente, tomáronse novas secuencias con mellores condicións de visibilidade e maior resolución. E así foi como se atopou o lugar exacto do impacto de Vikram: 0.8810 °S, 22.7840 °E e 834 metros de elevación.
O achado confirma por tanto a fallida aluaxe de Vikram, parte de Chandrayaan-2, a misión que dá continuidade ao primeiro proxecto lunar da India, en 2009, cun satélite que se mantivo na órbita do astro. Antes dos problemas desta nova misión, a Chandrayaan-2 puido tomar imaxes do satélite. Por agora, despois dos fracasos de Israel e a India, só Estados Unidos, Rusia e China foron quen de levar con éxito os seus aparellos á superficie lunar. últimos meses, varios países intentaron levar as súas sondas á Lúa. Outra das misións que non chegaron con éxito foi a Beresheet de Israel esnafrouse debido a un erro no motor.















Esnafrar, ropmper o nariz, talvez nom seja a melhor denominaçom num blogue da ciência; rebentar ou mesmo esnaquizar seriam talvez mais adequadas