A lagoa rosa na Patagonia arxentina que é froito da contaminación

Un vertido de sulfito de sodio, usado como conservante na acuicultura, tingue dunha chamativa cor unha lagoa na provincia de Chubut

A lagoa de Corfo, situada na Patagonia, na provincia arxentina de Chubut, apareceu nos últimos días cunha peculiar cor rosa que sorprendeu aos habitantes locais e que resulta claramente visible desde o aire. Segundo recollen varios medios, a imaxe foi provocada por un episodio de contaminación por residuos usados na acuicultura do lagostino e o camarón, na que se emprega sulfito de sodio, un produto usado como antimicrobiano e conservante nesta industria.

Ademais da chamativa cor, da lagoa emanan fortes olores e existe unha importante presenza de insectos na zona, o que se atribúe a un exceso de nutrientes nas augas. A alta actividade agrogandeira e acuícola na zona de Chubut provoca frecuentes episodios de eutrofización, do mesmo xeito que acontece en encoros afectados en Galicia por residuos agrogandeiros.

Publicidade

Neste caso, e segundo recolle Clarín, unha empresa acuícola da zona ten autorización para realizar vertidos á lagoa. En declaracións dun dos responsables de control ambiental da provincia de Chubut, o fenómeno que se aprecia na lagoa “é algo normal”, que “non provoca danos e nuns días desaparecerá”.

https://twitter.com/trtworld/status/1418741470647918595

Publicidade

Non o ven do mesmo xeito outros representantes públicos e expertos consultados polo mesmo xornal. Na municipalidade de Trelew, afectada polo vertido, o secretario de Obras Públicas Sebastián de la Vallina cualifica o suceso de “preocupante” e denuncia que “non se está dicindo a verdade”, ademais de asegurar que se “están botando líquidos sen previo tratamento”. Un especialista en tratamento de efluentes líquidos, Federico Restrepo, declarou a Clarín que o sulfito de sodio ten por función “evitar que o lagostino se bote a perder”, matando as colonias bacterianas e impedindo a degradación do produto.

A contaminación da lagoa pode ter a súa orixe nas protestas nas localidades de Trelew e Rawson, a capital da provincia. Veciños bloquearon nas últimas semanas as estradas usadas polos camións da industria acuícola que transportan os residuos de peixe ata as plantas de tratamento, en denuncia polos cheiros que esta actividade conleva. É por iso que se cre que as empresas levaron os refugallos ata a lagoa de Corfo.

As plantas acuícolas que procesan produtos pesqueiros, principalmente lagostinos e pescada, son un importante motor económico na provincia de Chubut. Moitas delas están participadas por empresas estranxeiras. “O procesamento de peixe xera traballo, é certo. Pero son empresas con ganancias multimillonarias, que non queren pagar o porte para levar os efluentes a unha planta de tratamento que xa existe en Puerto Madryn, a 60 quilómetros, nin construír unha planta máis cerca para tratalos, denunciaba o activista Pablo Lada en declaracións a AFP.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Un novo método obtén penso saudable para peixes de acuicultura a partir de restos da industria cervexeira

O CSIC elabora alimento para douradas de cultivo a partir de microalgas que aproveitan minerais e nutrientes derivadas da elaboración de cervexa, o que pode reducir a sobrepesca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático