O incendio no Parque do Xurés deixa máis de 100 hectáreas queimadas

Os lumes tamén afectan a zona portuguesa, segundo as imaxes de Copernicus, cunha ducia de áreas calcinadas nos últimos días

Un incendio activo dende a tarde deste luns deixa máis de 100 hectáreas queimadas no concello de Muíños, en Ourense, en pleno Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo confirma a Consellería de Medio Rural, o lume afecta principalmente á parroquia de Prado de Limia e chegou a Galicia procedente de Portugal. Alí iniciáronse dous focos diferentes e un deles propiciou que o incendio tamén chegase ao outro lado da fronteira. Ao parecer, orixinouse sobre as 18.00 horas e na tarde deste luns traballaban na zona dous axentes, dúas brigadas e tres motobombas.

É o terceiro incendio dos últimos días que volve afectar á zona, que tamén calcinaron outras áreas en Muíños e en Calvos de Randín. O vento está dificultando o traballo dos medios terrestres e a zona queimada xa se pode ver dende as imaxes de satélite que ofrece o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS), de Copernicus. Ademais da área afectada en Galicia, pódense ver máis dunha ducia de zonas portuguesas calcinadas segundo o sensor VIIRS, que se actualiza diariamente. Todos os lumes comezaron entre os días 3 e 5 de febreiro. De feito, un dos incendios que asolou esta zona de Portugal foi o que cruzou a fronteira con Galicia, afectando tamén ao parque natural.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024