O fume dos incendios de Australia e o po tinguen de vermello os glaciares de Nova Zelandia

As cinzas arrastradas polos lumes, xunto á area do deserto, viaxan polo Pacífico máis de 2.000 quilómetros ata os Alpes do Sur

A abrumadora vaga de incendios que está arrasando Australia durante esta primavera austral está deixando pegada a gran escala nesta rexión do planeta. E a pesar da distancia da illa a calquera outro punto de terra firme, os efectos das cinzas que espalla o vento déixanse sentir a máis de 2.000 quilómetros de distancia, nos Alpes do Sur de Nova Zelandia. Alí, os glaciares destas montañas, que superan os 3.000 metros de altitude, recibiron nas últimas semanas nubes de cinzas e po que tinguiron a neve.

Así o amosan unhas imaxes da fotógrafa Liz Carlson, que sobrevoou a zona e reparou na cor avermellada dos glaciares e outros puntos da cordilleira nos que se acumulou a neve. Segundo informou recentemente o Earth Observatory da NASA, grandes nubes de fume cruzaron o Pacífico, despois de cubrir tamén a área metropolitana de Sydney, e foron espallándose polo hemisferio sur, golpeando de cheo a Nova Zelandia. Así o amosa unha animación elaborada pola NASA a partir dos datos do satélite Aqua.

Publicidade

Segundo a información facilitada pola axencia estadounidense, as columnas de fume chegaron a ascender ata 13 quilómetros de altura, un nivel moi pouco habitual para os incendios forestais.

Porén, a cor vermella atopada nos glaciares pode deberse tamén en parte ás tormentas de po que afectaron  nas últimas semanas na rexión suroeste de Victoria. O solo de gran parte da illa, moi rico en ferro, dálle este aspecto avermellado á súa superficie cando se observa desde o satélite.

Publicidade

Foto: Liz Carlson.
Foto: Liz Carlson.

Estas nubes de cinza que xeran as grandes vagas de incendios tamén se percibiron en Galicia en outubro de 2017. Son notablemente daniñas para a saúde porque moitas delas, debido ao seu pequeno tamaño, poden entrar nos pulmóns e o torrente sanguíneo.

No caso da natureza, estas grandes masas de po e cinzas poden oscurecer a neve e o xeo, acelerando o derretemento de formacións como os glaciares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas

Galicia arrinca agosto cun descenso das temperaturas e máis risco de chuvias

As precipitacións superan o 50% de probabilidade ata o xoves no norte, mentres as Rías Baixas recuperarán temperaturas próximas aos 30ºC cara á fin de semana

Radiografía do lume

Os incendios da Comunidade de Madrid e da provincia de Álava foron emerxencia nacional, e isto é o que aprendimos dos lumes de agosto de 2025 en Galicia. Por Andrea Veiga

Oito actuacións para mellorar a xestión do risco de incendio e protexer a poboación

O acontecido en Los Gallardos demostra que se precisa un cambio profundo na forma en que se entende e se xestiona o risco de lume