O incendio de Pedrógão, desde o espazo

Imaxe tomada polo satélite Proba Vegetation, da Axencia Espacial Europea, o pasado domingo. Foto: ESA/Proba V.
Imaxe tomada polo satélite Proba Vegetation, da Axencia Espacial Europea, o pasado domingo. Foto: ESA/Proba V.

O pasado domingo, o satélite Proba Vegetation, da Axencia Espacial Europea (ESA), tomaba a imaxe que aparece sobre estas liñas do incendio que segue devastando o centro de Portugal, e que causou xa a morte a 64 persoas.

A pesar de que o lume segue activo hoxe, na fotografía do domingo xa se pode ver unha importante mancha negra que se corresponde coa superficie calcinada. Desde a ESA estimaban esta área en máis de 254 quilómetros cadrados, unha superficie comparable á totalidade da comarca do Salnés. Os últimos datos sinalaban que a superficie queimada xa superaba as 30.000 hectáreas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024