Contar a Ciencia pecha a súa IV edición coa entrega de premios en Santiago

Os galardóns da IV edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia “la Caixa” foron entregados hoxe en Santiago, nun acto que se celebrou no Pazo de San Roque. O primeiro premio desta edición foi para a estudante da UVigo Claudia Alonso cunha reportaxe audiovisual titulada “A menciña dos esquecidos”, que afonda no traballo do grupo de Xenética Humana da Universidade de Vigo, onde estudan enfermidades raras como as síndromes de Bardet-Biedl e de Alström.

No acto de peche do certame, convocado pola Real Academia Galega de Cienciasla Caixa, e organizado por GCiencia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asistiron, entre outras autoridades o presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a directora de Institucións de CaixaBank en Galicia, María Jesús García Piñeiro.

Publicidade

Autoridades presentes no acto, xunto a Eduardo Rolland, de GCiencia. Foto: Anxo Iglesias.
Autoridades presentes no acto, xunto a Eduardo Rolland, de GCiencia. Foto: Anxo Iglesias.

A gañadora da edición deste ano recibiu un premio en metálico de 700 euros, ademais dun smartphone da marca galega Primux e un diploma acreditativo. O xurado destacou a calidade da reportaxe realizada por Claudia Alonso, que contribúe a difundir o traballo que se realiza nos grupos de investigación das universidades galegas.

Os dous segundos premios do certame foron para Iago Souto e María Isabel Villamarín. Souto realizou unha reportaxe audiovisual sobre os traballos científicos arqueolóxicos que se realizan na Lanzada, sobre un antigo castro e unha factoría romana. ‘A Lanzada: historia baixo a area’ é o título desta peza, que foi moi prezada polo xurado.

Publicidade

Claudia Alonso foi a gañadora cunha reportaxe audiovisual sobre as enfermidades raras

Pola súa banda, Villamarín foi elixida finalista pola súa reportaxe ‘Hipóteses para entender o corazón’, no que analiza os traballos realizados polo Citius de Santiago para un programa que analiza dun xeito máis preciso as lecturas dun electrocardiograma. Tanto Iago Souto como María Isabel Villamarín recibiron dispositivos electrónicos de Primux e diplomas acreditativos.

Estudantes das tres universidades galegas presentaron as súas propostas de reportaxes nesta edición do Contar a Ciencia, das que foron seleccionadas as nove publicadas ao longo das últimas semanas en GCiencia. Os autores das reportaxes seleccionadas como finalistas recibiron tamén os seus diplomas acreditativos no acto celebrado hoxe.

O xurado estivo composto por representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, da delegación territorial do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da fundación “la Caixa” e de GCiencia.

O premio pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

A USC e Microsoft colaboran para desenvolver modelos de Intelixencia Artificial multilingüe

O CiTIUS é unha das tres entidades coas que a compañía tecnolóxica traballará para crear modelos fundacionais de IA en galego, éuscaro e catalán

Cal é o mellor fármaco para o TOC? O algoritmo galego que personaliza o tratamento

Un equipo da USC proba un sistema de recomendación de medicamentos segundo as características de cada paciente